Zenkerella insignis é unha especie de roedor da familia Anomaluridae. É a única especie do xénero Zenkerella. Atópase no Camerún, República Centroafricana, Guinea Ecuatorial e Gabón. O seu hábitat natural son as selvas subtropicais ou tropicais das terras baixas húmidas. Está ameazado pola perda do seu hábitat.
No ano 2016 rexistrouse a obtención dun espécime por primeira vez en Bioko. Os membros do xénero Zenkerella son considerados fósiles viventes, tendo evolucionado moi pouco durante o paso de 49 millóns de anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dieterlen, F. 2005. Family Anomaluridae. pp. 1532–1534 in Mammal Species of the World a Taxonomic and Geographic Reference. D. E. Wilson and D. M. Reeder eds. Johns Hopkins University Press, Baltimore.
Categoría:Animais descritos en 1898 Categoría:Roedores