Henry Jenner, nado en St Columb Major o 8 de agosto de 1848 e finado o 8 de maio de 1934 foi un investigador das linguas celtas, escritor e activista cultural córnico. Foi o impulsor do rexurdimento da lingua córnica.
Traxectoria Fillo de Henry Lascelles Jenner, sacerdote anglicano que máis tarde acadaría a dignidade de bispo e neto do xuíz Herbert Jenner-Fust. En 1869 Jenner logrou un posto como empregado da división de sucesións do Tribunal Superior e dous anos despois empezou a traballar no departamento de manuscritos antigos do Museo Británico.
Lingua córnica miniatura|200x200px|Placa en St Columb Major, na antiga sancristía, onde traballaba seu pai Interesado nas linguas célticas, leu varias disertacións na Sociedade Filolóxica de Londres sobre o córnico entre 1873 e 1876 e tamén sobre outras linguas celtas, en especial o manx. En 1877 descubriu, mentres traballaba no Museo Británico, corenta e dúas liñas dunha obra medieval escrita en córnico arredor do ano 1450, coñecida como Keynskrif an Chartour ou The Charter Fragment.
En 1901 fundou con L. C. R. Duncombe-Jewell a primeira sociedade da lingua córnica "Cowethas Kelto-Kernuak". En 1904 publicou A Handbook of the Cornish Language, obra considerada o inicio do rexurdimento córnico. A súa versión de córnico baseábase na fala do oeste de Cornualla no século XVIII non obstante o seu discípulo Robert Morton Nance orientaríaa máis tarde cara ao córnico medieval. Na edición de 2010, Michael Everson publicou unha nova edición con tres ensaios publicados anos antes e varias tarxetas de Nadal e ano novo con versos en córnico e inglés.Jenner, Henry. 2010. Henry Jenner's Handbook of the Cornish Language Revised by Michael Everson. Cathair na Mart: Evertype. ISBN 978-1-904808-37-4
De ideas políticas conservadoras e xacobitas, foi chanceler da Order of the White Rose, formada por simpatizantes dos Stuart e tamén apoiou o xornal The Royalist, que se publicou entre 1890 e 1905. miniatura|Placa conmemorativa na casa dos Jenners en Hayle Despois de traballar no Museo Británico durante máis de corenta anos en 1909 Jenner e a súa dona KittyPeter W. Thomas, "Jenner, Henry (1848–1934)", Oxford Dictionary of National Biography, online edn,. establecéronse en Hayle, a cidade natal da súa esposa, e en xaneiro de 1912 converteuse en bibliotecario da Morrab Library, un posto que ocupou ata 1927. Tamén actuou como presidente da Royal Cornwall Polytechnic Society e da Royal Institution of Cornwall.Peter W. Thomas, 'Jenner, Henry (1848–1934)', Oxford Dictionary of National Biography, online edn, Oxford University Press, May 2005 e foi Gran Bardo da Gorsedh Kernow de 1928 a 1934 utilizando o nome bárdico de Gwas Myha. Contribuíu a Catholic Encyclopedia con artigos sobre ritos litúrxicos católicos.Articles on the Liturgical use of Creeds, the Celtic Rite , Mozarabic Rite , East Syrian Rite , Ambrosian Liturgy and Rite , the Gallican Rite at the Catholic Encyclopedia.
Notas
Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Celtistas Categoría:Escritores en lingua córnica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Nados en Cornualla Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Bardos de Gorsedh Kernow