Gentiana verna é unha especie do xénero Gentiana e un dos seus integrantes máis pequenos, normalmente acada uns poucos centímetros de altura.

Descrición O seu talo, erecto, é moi curto e soporta ata tres pares de follas, elípticas ou lanceoladas. A flor é de cor azul moi intensa, ás veces púrpura-vermella nos bordos e nervios medios, e de raro en raro brancaPardoe, H. S. Mountain Plants of the British Isles. , ten entre 1 e 2 cm de diámetro, e o tubo da corola preséntase estreito con cinco sépalos no cáliz; florea a finais da primavera e no comezo do verán, e atrae bolboretas, abellas e particularmente abesouros para a polinización. As formigas son responsables da difusión das súas sementes.

Distribución esquerda|miniatura|Poboación de Gentiana verna G. verna é unha das plantas máis difundida do seu xénero, atopándose nas praderías alpinas de toda Eurasia, desde Irlanda ata Rusia. É común no centro e sueste de Europa, en macizos montañosos medios como o Xura e os Balcáns ata unha altitude de 2.600 metros. En Galicia unicamente medra na Serra da Capelada,S. Talavera, C. Andrés, M. Arista, M.P. Fernández Piedra, M.J. Gallego, P.L. Ortiz, C. Romero Zarco, F.J. Salgueiro, S. Silvestre & A. Quintanar (1993). Flora iberica 11 . Real Jardín Botánico, CSIC, Madrid. onde estaba descrita en 2007 como frecuente localizándose nunha altitude de entre 380 a 475 m.J.J. Pino Pérez; F.J. Silva-Pando; J.L. Camaño Portela & R. Pino Pérez (2009) "Asientos corológicos LOU, 2007", Boletín Biga, Vol. 6, p. 15 No norte de Europa, é moi raro, tan só se observa en Teesdale no norte de Inglaterra, e unhas poucas localidades no oeste de Irlanda. Tamén se atopa nas rexións montañosas que van do Alto Atlas de Marrocos ata as montañas de Turquía, Iraq e Irán. Prospera en prados secos con solo de pedra calcaria. En varios países está considerada especie en extinción.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Gentiana Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné