José Ramón Arteche Pena, nado en Ferrol o 8 de novembro de 1952 e finado na mesma cidade o 21 de agosto de 2016, foi un xogador e adestrador de fútbol galego.

Traxectoria Como futbolista xogou na década dos 70 no Racing de Ferrol de centrocampista, tanto en Segunda división (1969-1972) como en Terceira división.

Como adestrador, comezou no Viveiro, onde adestrou durante dúas temporadas. Logo fichou pola SD Burela (1989-1990), co que ascendeu a Tercera División, e despois no Xove Lago (1991-1992), que tamén levou ata a Terceira. Posteriormente dirixiu o Racing de Ferrol na tempada 1998-99, en Segunda División B, e consegue chegar á competición de promoción de ascenso. Repite resultado ao ano seguinte 1999-2000, pero con máis éxito, porque coroa a tempada cun ascenso a Segunda División despois de 22 anos. Posteriormente foi o adestrador de CD Ourense (2001) durante uns poucos partidos precisamente na fase de ascenso a Segunda división.Logo tamén adestrou no Mensajero e no Calahorra, ambos en Segunda división B, e finalmente no Val.

Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol Categoría:Adestradores do CD Ourense Categoría:Adestradores do CD Calahorra Categoría:Adestradores do Viveiro CF Categoría:Adestradores da UD Xove Lago Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Ferrol Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Adestradores da SD Burela Categoría:Adestradores do CD Mensajero Categoría:Adestradores do SD O Val