miniatura|Un retrato de Beaslai na época do Primeiro Dáil Piaras Béaslaí, nado en Liverpool o 15 de febreiro de 1881 e finado en Dublín o 22 de xuño de 1965, foi un político, xornalista e escritor irlandés.

Traxectoria Nado Percy Frederick Beazley en Inglaterra de pais irlandeses, o seu pai era Patrick Langford Beazley, editor do semanario The Catholic Times durante 40 anos e Piaras educouse nun colexio xesuíta. Na súa mocidade interesouse por aprender irlandés con libros de texto e revistas e máis tarde formou parte da Liga Gaélica de Liverpool. En 1900 entrou na redacción do xornal local Wallasey News. En 1905 estableceuse en Dublín e traballou como xornalista independente, colaborando con Irish Peasant, Irish Independent, Express, Evening Telegraph, mantendo media columna diaria en irlandés en Freeman’s Journal.Collection List 44. Piaras Béaslaí Papers. National Library of Ireland En 1907 representouse a súa primeira obra teatral, Cormac na Coille, escrita o ano anterior.

Integrante de Bráithreachas na Poblachta, foi un dos fundadores da revista da organización, Irish Freedom.Flanagan, Frances Remembering the Revolution: Dissent, Culture, and Nationalism in the Irish Free State, Oxford: Oxford UP, 2015, p. 88 Apoiou ao sector nacionalista, con Richard Mulcahy ou Patrick Pearse da Liga Gaélica, axudando a forzar a saída en 1915 do seu fundador Douglas Hyde, reticente á politización do movemento. Béaslaí participou no Alzamento de Pascua e estivo na cadea ata xuño de 1917. Máis tarde Béaslaí foi editor do períodico do Exército Republicano Irlandés, An tÓglach, e do períodico da Liga Gaélica. Resultou elixido nas eleccións xerais de 1918 como deputado do Sinn Féin pola circunscrición de Kerry oriental. En xaneiro de 1919, os deputados do Sinn Féin elixidos nesas eleccións para Westminster negáronse a recoñecer o Parlamento do Reino Unido e na vez realizaron unha asemblea en Mansion House de Dublín como un parlamento revolucionario nacional chamado Dáil Éireann, que as autoridades británicas declararon ilegal e que coincidiu co comezo da Guerra de Independencia irlandesa, durante esta foi director de publicidade do exército. Tras a guerra presentouse pola circunscrición de Kerry–Limerick occidental. para as eleccións de 1921 como membro do Dáil e foi reelixido nas de 1922 como candidato pro-Tratado do Sinn Féin. Non se presentou ás eleccións de 1923 e dedicou os seus últimos anos á literatura, escribiu un libro de memorias, Michael Collins and the Making of a New Ireland, publicado en Dublin en 1926.

Obra Teatro Cormac na Cuille, 1909 Fear na Milliún Punt, 1915 Cliuche Cartaí, 1920 An Danar, 1929 An Sgaothaire, 1929 An Bhean Chródha, 1931 Beirt na Bodhaire Bréige, 1936 An Fear as Buenos Aires, 1936 Cúigeas , 1936 Blúire Páipéir, 1937

Poesía Bealtaine 1916 Narrativa Astronár, 1928 (novela) Earc agus Áine agus sćealta eile, 1946 (relatos)

Ensaio Michael Collins and the Making of a New Ireland, 2 vols., 1926 Michael Collins: Soldier and Statesman, 1937 The Story of the Catholic Commercial Club, 1881-1954, 1957

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Son de Piaras Béaslai falando da súa participación no Alzamento de Pascua, Arquivo da RTÉ

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Teachtaí Dála Categoría:Escritores en lingua irlandesa Categoría:Revolucionarios de Irlanda