Denomínanse Países Baixos austríacos ao conxunto de territorios dos Países Baixos españois cedidos por España a Austria tras o tratado de Utrecht en 1714, que formaban parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, até a anexión destes por Francia en 1795.

Historia Guerra de Sucesión Española Á morte do rei de España Carlos II, o rei de Francia Lois XIV proclamou o seu neto Filipe de Anjou como Filipe V, de acordo co testamento do rei defunto; pero a súa política expansiva provocou o temor en Europa, o que orixinou a Guerra de Sucesión Española, na que gran parte dos Países Baixos foron conquistados polas forzas da Gran Alianza da Haia a partir da batalla de Ramillies.Abrégé chronologique de l'histoire de France, Charles-Jean-François Hénault, Joseph Fr. Michaud (1853).

Tratado de Utrecht Dado que o elector de Baviera Maximiliano II perdera os seus territorios bávaros tras a batalla de Höchstädt, e o subseguinte tratado de Ilbersheim, o rei Lois XIV convenceu ao seu neto Filipe V para que cedera os Países Baixos ao elector desposuído de Baviera,Compte-rendu des séances de la Commission royale d'Histoire, Académie royale des sciences, des lettres et des beaux arts de Belgique, 1863 o que fixo o 22 de xuño de 1711,Recherches sur les monnaies des comtes de Namur, Renier Hubert, Ghislain Chalon, (1860) e volveu confirmar o 2 de xaneiro de 1712.

Tras a Guerra de Sucesión, nos tratados de Utrecht e Rastadt-Baden, o rei de Francia perdeu Tournai, Furnes, Ypres, Menin e recuperou Lille, Aire, Béthune, Orchies e Saint Venant, mentres que o elector de Baviera recuperaba o seu electorado e os Países Baixos volvían á soberanía dos arquiduques de Austria, isto é, reintegrábanse de novo á Casa de Habsburgo, e os territorios pasaron a denominarse Países Baixos austríacos.

Período austríaco Durante o período austríaco levouse a cabo un labor centralizador, que derivou na implantación do francés como lingua da administración, pero tamén se produciu un auxe industrial e das artes e as ciencias.

Porén, a política centralizadora do emperador Xosé II en contra dos antigos privilexios levou á rebelión xeral en 1788, a Revolución brabanzona, que —como dous séculos antes— se declararon independentes e formaron os Estados Unidos de Bélxica (11 de xaneiro de 1790), nunha declaración asinada por Brabante, Güeldres, Flandres, Flandres Occidental, Hainaut, Namur, Tournai, Tournaisis e Malinas, pero non Luxemburgo.Tratado de Unión dos Estados Unidos Belgas . A finais de 1790, o poder imperial restaurouse co emperador Leopoldo II.

Anexión a Francia En 1792, durante as Guerras Revolucionarias Francesas, o exército revolucionario francés venceu o austríaco na batalla de Jemappes e conquistou os territorios dos Países Baixos meridionais, pero a vitoria austríaca en Neerwinden en 1793 puxo en retirada o exército francés.

Finalmente os franceses obtiveron en 1794 a vitoria na batalla de Fleurus, e os austríacos retiráronse de novo dos Países Baixos.

O 1 de outubro de 1795, a Convención Nacional francesa anexionou os Países Baixos e o Bispado de Liexa.La Belgique en 1795 . A perda dos territorios foi recoñecida por Austria no tratado de Campo Formio, o 17 de outubro de 1797 (día 26 de Vendimario, ano VI da República Francesa).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0. Blanning, T .C. W. (1996): The French Revolutionary Wars 1787-1801. Hodder Education Publishers. ISBN 978-0-340-64533-4. Castex, Jean-Claude (2010): Histoire des relations diplomatiques franco-anglaises durant la Guerre de Succession d'Espagne. Les Éditions du Phare-Ouest. ISBN 978-2-9216-6807-1. Hasquin, Hervé (2007): Joseph II: Catholique anticlérical et réformateur impatient: 1741-1790. Racine Lannoo. ISBN 978-2-8738-6507-8. Libert, Louise-Marie (2005): Dames de pouvoirs: Régentes et gouvernantes des anciens Pays-Bas. Racine Lannoo. Les racines de l'histoire. ISBN 978-2-8738-6403-3. Pirenne, Henri (1926): Histoire de Belgique. Volume V. Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 978-0-7618-1221-0.

Outros artigos Países Baixos borgoñóns Países Baixos Historia de Bélxica

Ligazóns externas Belgium en WorldStatesmen.org .

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de Austria Categoría:Historia de Bélxica Categoría:Historia de España Categoría:Historia de Luxemburgo Categoría:Historia dos Países Baixos