Alberto Aguilera Valadez, máis coñecido como Juan Gabriel, nado en Parácuaro, Michoacán o 7 de xaneiro de 1950, e finado en Santa Monica (California, Estados Unidos) o 28 de agosto de 2016, foi un cantautor, actor, compositor, intérprete, músico, produtor discográfico e filántropo mexicano, coñecido tamén polo alcume de «el divo de Juárez». Son notables as súas contribucións á música popular en América Latina en diferentes xéneros como balada, ranchera, bolero, pop, música norteña, rumba flamenca, huapango, música chicana, salsa, son de mariachi, banda sinaloense, disco, big band e até cancións de berce que escribiu a cada un dos seus fillos.

Véxase tamén

Outros artigos Hasta que te conocí

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Cantantes de México Categoría:Premio Ondas Categoría:Nados en Parácuaro