Julius Yego, nado o 4 de xaneiro de 1989, é un deportista kenyano que compite na proba de lanzamento de xavelina. Alcumado "Mr. YouTube Man" por ter aprendido como lanzar vendo vídeos en YouTube de atletas de xavelina. Yego posúe o récord africano e os da Commonwealth, cunha mellor marca persoal de 92,72 metros. Gañou o título de xavelina nos Xogos Panafricanos de 2011 e nos Campionatos Africanos de Atletismo de 2012 e 2014. No Campionato Mundial de Atletismo de 2013 quedou cuarto, perdendo a medalla na rolda final final. No 2014, converteuse no primeiro kenyano en gañar unha medalla de ouro nos Xogos da Commonwealth. No Campionato Mundial de Atletismo de 2015 gañou a medalla de ouro cun lanzamento de 92,72m, converténdose no primeiro kenyano en gañar unha medalla de ouro nunha proba de campo dun Campionato Mundial. Gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2016 de Río de Xaneiro.
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Kenya Categoría:Atletas olímpicos de Kenya Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Kenya Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2020