miniatura|upright=1.25|A creación (c. 1896–1902) de James TissotUnha interpretación da narración da creación do primeiro libro da Torah (comunmente coñecido como libro do Xénese), pintura das coleccións do Museo Xudeu (Nova York) Un mito da creación é unha narración simbólica que explica como empezou o mundo e como apareceron as primeiras persoas que o habitaron., "Os mitos da creación son historias simbólicas que describen como chegou a existir o universo e os seus habitantes. Os mitos da creación desenvólvense a partir de tradicións orais e, por tanto, teñen normalmente múltiples versións." Aínda que no uso popular o termo mito a miúdo se refire a historias falsas ou fantasiosas, o certo é que, formalmente, non implica falsidade. As culturas en xeral consideran que os seus mitos de creación son verdadeiros."No uso común a palabra 'mito' refírese a narracións ou crenzas que non son certas ou son simplemente fantasiosas; as historias que dan forma ás mitoloxías nacionais e étnicas describen personaxes e sucesos que o sentido común e a experiencia nos di que son imposibles. Non obstante, todas as culturas celebran eses mitos e atribúenlles diversos graos de verdade literal ou simbólica." () Xeralmente, na sociedade na que se conta, un mito da creación considérase que transmite profundas verdades, xa sexa de forma metafórica ou simbólica e ás veces nun sentido histórico ou literal. Aínda que non sempre, o máis común é que se consideren mitos cosmogónicos, é dicir, describen a ordenación do cosmos desde un estado inicial de caos ou amorfo.Ver:

Os mitos da creación adoitan compartir varias características. A miúdo son considerados relatos sagrados e poden encontrarse en case todas as tradicións relixiosas. Todas son historias cun argumento e personaxes que son deidades, figuras de tipo humano, ou animais, que a miúdo falan e se transforman doadamente.Ver:

Xeralmente están situadas nun pasado borroso e non especificado que se pode denominar in illo tempore ("naquel tempo"), como o fixo o historiador das relixións Mircea Eliade. Os mitos da creación tratan cuestións con profundo significado para a sociedade que os comparte, que revelan a súa visión do mundo básica e o marco para a autoidentidade da cultura e o individuo nun contexto universal.Ver:

Os mitos da creación desenvólvense en tradicións orais e, por tanto, teñen normalmente múltiples versións; encóntranse en todas as culturas humanas e son as formas máis comúns de mito.

Definicións

Definicións de mito da creación tomadas de referencias modernas: Unha "narración simbólica do inicio do mundo tal como se entende nunha determinada tradición e comunidade. Os mitos da creación son dunha importancia central para a valoración do mundo, para a orientación dos humanos no universo, e para os patróns básicos da vida e a cultura." "Os mitos da creación cóntannos como empezaron as cousas. Todas as culturas teñen mitos da creación; son os nosos mitos primarios, o primeiro estadio no que debería chamarse a vida psíquica da especie. Como culturas, identificámonos por medio de soños colectivos que chamamos mitos da creación, ou cosmogonías. … Os mitos da creación explican en termos metafóricos o noso sentido de quen somos no contexto do mundo, e ao facelo revelan as nosas prioridades reais, así como os nosos prexuízos reais. As nosas imaxes da creación dicen moito sobre o que somos." Unha "elaboración filosófica e teolóxica do mito primario da creación nunha comunidade relixiosa. O termo mito aquí refírese á expresión imaxinativa en forma de narración do que se experimenta ou aprende como realidade básica … O termo creación refírese ao principio das cousas, xa sexa pola vontade e acto dun ser transcendente, pola emanación a partir dunha fonte primordial, ou de calquera outro xeito."creation myth, Enyclopædia Britannica (2009)

O profesor de relixión Mircea Eliade definiu a palabra mito en termos de creación: O mito narra unha historia sagrada; relaciona un evento que ten lugar no Tempo primordial, o tempo lendario dos "comezos". Noutras palabras, o mito conta como, por medio dos feitos de Seres Sobrenaturais, unha realidade chegou a existir, xa sexa toda a realidade, o Cosmos, ou só un fragmento da realidade: unha illa, unha especies de plantas, un determinado tipo de comportamento humano, unha institución.

Significado e función

miniatura|esquerda|upright=1|No mito da creación taoísta, "O Camiño [Tao] xerou a unidade; a unidade xerou a dualidade; a dualidade xerou a trindade; a trindade xerou unha miríada de criaturas." (Tao Te Ching, século IV a. C.) Todos os mitos da creación son nun sentido etiolóxicos porque tentan explicar como foi formado o mundo e de onde procede a humanidade.Leeming, David A. (2011a). "Creation". The Oxford companion to world mythology (online ed.). Oxford University Press. Consultado o 13 de outubro de 2011.

Os etnólogos e antropólogos que estudan estes mitos din que no contexto moderno os teólogos tratan de discernir o significado da humanidade a partir de verdades reveladas e os científicos investigan a cosmoloxía coas ferramentas do empirismo e a racionalidade, pero os mitos da creación definen a realidade humana en termos moi diferentes. No pasado os historiadores da relixión e outros estudosos do pensamanto mítico considerábanos como formas de ciencia primitiva ou nunha etapa inicial ou de relixión, e analizáronos nun sentido literal ou lóxico. Porén, hoxe vense como narracións simbólicas que deben ser comprendidas no seu propio contexto cultural. Charles Long escribiu que "Os seres mencionados no mito (deuses, animais, plantas) son formas de poder entendidos existencialmente. Os mitos non deberían entenderse como intentos de descubrir unha explicación racional da deidade."

Aínda que os mitos da creación non son explicacións literais, serven para definir unha orientación da humanidade no mundo como unha historia de nacemento. Son a base dunha visión do mundo que reafirma e guía como as persoas se relacionan co mundo natural, con calquera mundo espiritual aceptado, e unhas con outras. O mito da creación actúa como a pedra angular para distinguir a realidade primaria da realidade relativa, a orixe e natureza do ser a partir do non ser. Neste sentido serven como unha filosofía da vida, pero que se expresa e transmite por símbolos en vez de por razóns sistemáticas. E neste sentido van alén dos mitos etiolóxicos, o que significa que explican características específicas nos ritos relixiosos, fenómenos naturais ou vida cultural. Os mitos da creación tamén axudan a orientar os seres humanos no mundo, dándolles un sentido do seu lugar no mundo e a apreciación que deben ter para os demais humanos e a natureza.

O historiador David Christian resumiu aspectos comúns a múltiples mitos da creación: Cada comezo parece presupoñer un comezo anterior. ... En vez de atoparmos un só punto de inicio, encontramos unha infinidade deles, cada un dos cales presenta o mesmo problema. ... Non hai solucións enteiramente satisfactorias a este dilema. O que temos que encontrar non é unha solución senón algún xeito de tratar co misterio .... E temos que facelo usando palabras. As palabras ás que recorremos, desde Deus a gravidade, son inadecuadas para a tarefa. Así que temos que usar a linguaxe poeticamente ou simbolicamente; e tal linguaxe, xa sexa usada por un científico, un poeta, ou un xamán, pode doadamente ser incomprendida.

Clasificación

miniatura|upright=1|Na relixión maia, o anano era unha personificación dos axudantes do deus maia do millo durante a creación.Description from Walters Art Museum Os estudosos da mitoloxía aplicaron varios esquemas para clasificar os mitos da creación que se encontran en todas as culturas humanas. Eliade e Charles Long elaboraron unha clasificación baseada nalgúns motivos comúns que aparecen unha e outra vez en historias da creación de todo o mundo. A clasificación identifica os seguintes cinco tipos básicos: miniatura|upright=1.25|esquerda|Brahmā, o deva hinduísta da creación, xorde dun loto orixinado no embigo de Viṣņu, que descansaba con Lakshmi sobre a serpe Ananta Shesha.

Creación ex nihilo (do nada) na cal a creación realízase polo pensamento, palabra, soño ou secrecións corporais dun ser divino. Creación polo mergullador da terra no cal un mergullador, xeralmente unha ave ou anfibio enviado por un creador, se mergulla ata fondo do mar dun océano primordial para vomitar area ou barro, que se desenvolve formando un mundo terrestre. Mitos de emerxencia ou xurdimento, nos cales os proxenitores pasan a través dunha serire de mundos e de metamorfoses ata que chegan ao mundo actual. Creación por desmembramento dun ser primordial. Creación pola separación ou ordenación dunha unidade primordial, como a rotura dun ovo cósmico ou poñer orde no caos.

Marta Weigle elaborou máis e refinou esta tipoloxía para salientar nove temas, engadir elementos como o deus faber, unha creación confeccionada por unha deidade, a creación polo traballo realizado por dous creadores que traballan xuntos ou un contra outro, a creación a partir do sacrificio e a creación por división/conxugaxión, acreción/conxunción, ou secreción.

Un sistema alternativo baseado en seis temas recorrentes nas narracións é o deseñado por Raymond Van Over: Abismo primixenio, unha infinita expansión de augas ou espazo. Deidade orixinadora, que é espertada ou é unha entidade eterna que está no abismo. Deidade orixinadora suspendida sobre o abismo. Ovo cósmico ou embrión. Deidade orixinadora que crea a vida por medio do son ou a palabra. Vida xerada do cadáver ou partes desmembradas dunha deidade orixinadora.

Ex nihilo

miniatura|upright=1|Creación nas tapas do tríptico de Hieronymus Bosch O xardín das delicias (1480–90) A creación ex nihilo (en latín "do nada"), tamén chamada "creación de novo", é un tipo común de creación mítica. A creación ex nihilo encóntrase en historias da creación do antigo Exipto, no Rigveda, na Biblia e no Corán, e en moitas culturas animistas de África, Asia, Oceanía e Norteamérica. O Debate entre a ovella e o gran é un exemplo dunha forma incluso máis inicial de mito da creación ex nihilo do antigo Sumer. Na maioría das historias o mundo empeza a existir por causa da palabra, soños, alento, ou polo puro pensamento dun creador, pero a creación ex nihilo pode tamén ter lugar por medio de secrecións corporais dun creador. Para o filósofo xudeu Maimónides a creación ex nihilo é a única idea central compartida polo xudaísmo, cristianismo e islam. Non obstante, os autores do Xénese, 1 da Biblia estaban menos preocupados pola orixe da materia que pola asignación de roles para que o cosmos funcionase. A partir do século III os eruditos cristiáns xa consideraban a creación ex nihilo un principio fundamental da teoloxía cristiá.

A tradución literal de ex nihilo é "do nada", mais en moitos mitos da creación a liña é borrosa para decidir se o acto creativo sería mellor clasificalo como unha creación ex nihilo ou unha creación a partir do caos. Nos mitos da creación ex nihilo o potencial e a substancia da creación manan do creador. Dito creador pode ou non existir nos arredores físicos, como nas tebras ou nas augas, pero non crea o mundo a partir delas, mentres que na creación a partir do caos a substancia usada para a creación é preexistente dentro do baleiro informe.

Un exemplo ben coñecido de mito de creación ex nihilo é a narración do Xénese da Biblia.

Creación a partir do caos