O caimán negroLuís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 720. ISBN 84-95335-46-8 (Melanosuchus niger) é un réptil crocodilio da familia dos aligatóridos e a única especie viva do xénero Melanosuchus. Presenta unha característica cor case negra e habita na Amazonia. Chegan a medir 6 metros, razón pola que poden devorar animais como veados, capibaras, e mesmo tapires e outros mamíferos de gran tamaño.

Como o seu nome implica, ten unha coloración escura de adulto, que nalgúns individuos parece case negra. Porén, teñen un bandeado gris ou marrón na mandíbula inferior. Os xuvenís teñen unha coloración máis rechamante comparada coa dos adultos con bandas brancas ou amarelas claras ben destacadas nos flancos que seguen presentes incluso cando son bastante adultos ou polo menos son máis visibles comparadas con outras especies. A morfoloxía é bastante diferente da doutros caimáns pero teñen a ponte ósea que aparece noutros caimáns. A cabeza é grande e pesada; o que é unha vantaxe á hora de capturar presas máis grandes.

É o maior depredador do ecosistema amazónico, que depreda diversos peixes, réptiles, aves e mamíferos.Melanosuchus niger Black caiman. Animal Diversity Web. consultado o 2013-04-13. Son xeneralistas e superdepredadores, con capacidade potencial de capturar calquera animal dentro da súa área de distribución, incluíndo outros depredadores.Black Caiman, Black Caiman Skull. Dinosaurcorporation.com. consultado o 2012-08-23. Fixéronse poucos estudos ecolóxicos sobre a especie, pero pode dicirse que o caimán negro ten o seu propio nicho ecolóxico que lle permite coexistir sen demasiada competición. Como o maior depredador do seu ecosistema, pode ser tamén unha especie clave, que xoga un importante papel no mantemento da estrutura do ecosistema. A reprodución ten lugar na estación seca. As femias constrúen un niño con forma de morea cunha cámara para os ovos, para protexelos dos depredadores. As crías forman grupos protexidos pola presenza da femia. Estes grupos poden conter individuos procedentes doutros niños. Antes era unha especie común, pero foi cazada case ata a extinción principalmente para comercializar a súa valiosa pel. Agora as súas poboacións empezar a prosperar, e está catalogada como especie dependente da conservación. En conxunto é unha especie bastante pouco coñecido, xa que non foi investigada en detalle ata a década de 1980, cando o comercio de peles se cobrara xa moitas vítimas.Crocodilian Species – Black Caiman (Melanosucus niger) . Crocodilian.com. consultado o 2012-08-23. É unha especie perigosa para os humanos e no pasado ocorreron ataques.

Distribución xeográfica É nativo de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana francesa, Güiana, Perú e Venezuela.

Características miniatura|esquerda|Esqueleto O caimán negro ten unha pel escamenta de coloración escura. A coloración da pel axuda coa camuflaxe durante as súas cacerías nocturnas, pero pode tamén axudar a absorber a calor (termorregulación). A mandíbula inferior ten un bandeado gris (marrón en animais máis vellos), e bandas amarelas claras ou brancas nos flancos do corpo, aínda que estas son moito máis prominentes nos individuos novos. Este bandeado vaise esfumando gradualmente a medida que o animal madura. Presentan a ponte ósea característica dos caimáns, que se estende desde a parte superior dos ollos ata o fociño. Os ollos son grandes, como é conveniente para a súa actividade en gran medida nocturna, e son de cor castaña. As nais que vixían os seus niños son atormentadas por mosquitos que se reúnen arredor dos seus vulnerables ollos deixándoos inxectados de sangue.

O caimán negro é estruturalmente diferente doutros caimáns, especialmente pola forma do cranio. Comparados con outros caimáns, ten ollos claramente máis grandes. Aínda que teñen un fociño relativamente estreito, o cranio (dado o tamaño considerable da especie) é en conxunto moito máis grande que o doutros caimáns. Son relativamente máis robustos que outros crocodilianos de lonxitude comparable. Por exemplo, atopouse un adulto de 3,9 m que tiña un cranio considerablemente máis pesado e longo que o dun crocodilo do Nilo de 4,8 m.Potts, Ryan J. Endangered Reptiles and Amphibians of the World – II. The Black Caiman, Melanosuchus niger, Vermont Herpetology. Os caimáns negros novos poden distinguirse dos grandes caimáns de anteollos ou comúns pola súa cabeza proporcionalmente máis grande, e tamén pola cor da mandíbula, que é de cor clara no caimán de anteollos e escura e con tres manchas negras no caimán negro.

Tamaño miniatura|Un caimán negro nadando. O caimán negro é un dos réptiles existentes meirande. É o maior predador da cunca do Amazonas e posiblemente o membro máis grande da familia Alligatoridae. A maioría dos caimáns negros adultos miden de 2,8 a 4,26 m de lonxitude, e só algúns machos vellos crecen máis de 5 m e exceden un peso de 400 kg.Thorbjarnarson, J.B. (2010). Black Caiman Melanosuchus niger. pp. 29–39 in Crocodiles. Status Survey and Conservation Action Plan. 3rd ed., S.C. Manolis and C. Stevenson (eds). Crocodile Specialist Group: Darwin. iucncsg.org Os espécimes machos subadultos de arredor de 2,5 a 3,35 m pesan de 95 a 100 kg, aproximadamente do mesmo tamaño que as femias maduras, pero increméntanse rapidamente en volume e peso. Os machos maduros de mediano tamaño de 3,5 a 4 m pesan aproximadamente 300 kg.French Guiana . kwata.net (2003).MELANOSUCHUS NIGER (Black Caiman). LONG DISTANCE (Joao Valsecchi). Mamiraua. academia.edu. consultado o 2012-08-23. Outras mostras medidas de machos subadultos atoparon que medían entre 2,1 a 2,8 m, cunha media de 2,45 m, e que pesaban de 26 a 86 kg, como media 48 kg. O caimán negro ten aproximadamente o mesmo tamaño que o (Alligator mississippiensis), aínda que como media é máis grande na madurez. Nalgunhas áreas (como no río Araguaia) esta especie chega frecuentemente aos 4 ou 5 m de lonxitude, moito máis longo que o aligátor (que raramente acada os 4 metros), aínda que os espécimes deste tamaño son pouco comúns. Algunhas fontes non ben confirmadas (e probablemente anecdóticas) informan que o caimán negro pode medrar ata os 6 m e 1 100 kg. En Suramérica informouse doutros dous crocodilianos que acadaban nalgúns casos tamaños similares: o crocodilo americano (Crocodylus acutus) e o crocodilo do Orinoco (C. intermedius).

Bioloxía e comportamento

Caza e dieta miniatura|Caimán negro inmaturo O caimán negro é un superdepredador cunha dieta xeneralista, e pode capturar case calquera animal terrestre e de río que se encontre na súa área. Igual que outros grandes crocodilianos, o caimán negro foi observado capturando e comendo especies menores do seu xénero, como o caimán de anteollos e ás veces practican o canibalismo comendo individuos máis pequenos da súa propia especie. As crías comen principalmente pequenos peixes, ras e invertebrados como crustáceos e insectos, pero co tempo e o aumento de tamaño gradualmente pasan a comer peixes máis grandes, como pirañas, siluriformes e percas, que son unha importante fonte de alimento para todos os caimáns negros. Os estudos da dieta enfocáronse nos caimáns novos (debido tanto a que adoitan ser máis abundantes coma a que son máis fáciles de tratar), o espécime máis grande examinado polos seus contidos estomacais nun estudo era de só 1,54 m, claramente por debaixo do tamaño sexualmente maduro, que é como mínimo de 2 m en femias máis pequenas. Aínda que se sabe que os caimáns negros novos capturan diversas presas, os estudos da dieta mostraron que os caracois a miúdo dominan na dieta dos caimáns desa idade, seguidos de peixes bastante pequenos.Reynolds, N., & Conservation, B. W. (2008). Dietary competition between the black caiman (Melanosuchus niger) and the spectacled caiman (Caiman crocodilus) within the Lago Preto Reserve, Peru. DI512 Dissertation. Varias das presas poden capturarse segundo a súa dispoñibilidade, incluídas serpes, tartarugas, aves e mamíferos, os dous últimos principalmente cando van beber á beira dos ríos. Entre as presas mamíferas están especies amazónicas comúns como varios monos, preguiceiros, armadillos, pacas, agutís, coatís e capibaras. Os espécimes máis grandes poden virtualmente capturar calquera vertebrado terrestre ou de río o suficientemente desafortunado como para encontrarse con eles. As presas grandes capturadas poden ser outras especies de caimáns, cervos, pecarís, tapires, anacondas, londras xigantes,Hunter, Luke (2011) Carnivores of the World. Princeton University Press, ISBN 9780691152288 e animais domésticos como porcos, vacas, cabalos e cans. Aínda que se informou de casos raros de ataques a pumas ou mesmo xaguares, hai poucas probas de tal predación, e os felinos evitan as pozas nas que hai caimáns negros.Black Caiman – AC Tropical Fish.Black Caiman. Adapting Eden. consultado o 2015-09-25. Onde son comúns as mandas de capibaras e pecarís, estas son as presas máis frecuentes dos caimáns negros adultos. Hai probas que suxiren que tartarugas de río bastante grandes poden encontrarse entre as presas de caimáns negros adultos, cuxa forza de trabada parece ser suficiente para esnaquizar a coiraza das tartarugas. Algunhas cicatrices atopadas en golfiños do Amazonas Inia geoffrensis suxiren que poden ocasionalmente ser atacados polos caimáns negros. Comparados coas especies menores de caimáns, o caimán negro adoita cazar tamén en terra pola noite, usando os seus agudos vista e oído. Os seus dentes están deseñados para agarrar pero non para mastigar, polo que xeralmente tratan de tragar as presas enteiras despois de afogalas ou esmagalas. As grandes presas que non poden ser tragadas enteiras son a miúdo almacenadas para que a carne apodreza dabondo como para que o caimán arranque bocados da carne. miniatura|Adulto

Reprodución Ao final da estación seca, as femias constrúen un niño con forma de morea de terra e vexetación, duns 1,5 m de diámetro e 0,75 m de ancho. Poñer ata 65 ovos (aínda que o normal é unha cifra entre 30 e 60), que eclosionan nunhas seis semanas, a principio da estación húmida, cando os pantanos acabados de inundar proporcionan un hábitat ideal para as crías unha vez que saen do ovo. Os ovos son bastante grandes, como media de 144 g de peso. As postas que non están vixiadas (cando a nai marcha para cazar) son facilmente devoradas por un amplo conxunto de animais, entre os que están mamíferos como o coatí (Nasua nasua) ou grandes roedores, serpes comedoras de ovos e aves como as garzas e voitres Cathartidae. Ocasionalmente eses predadores son apañados e matados pola nai caimán. A eclosión ocorre entre 42 e 90 días despois de que se poñen os ovos. Está ben documentado que, igual que outros crocodilianos, os caimáns levan frecuentemente as súas crías na boca desde os niños despois da eclosión ata unha poza segura. A nai axuda as crías que non eclosionaron que están piando a que rompan o ovo coriáceo e saian, ao romper delicadamente o ovo entre os seus dentes. A nai trata de coidar as crías durante varios meses, pero os bebés caimáns son en gran medida independentes e a maioría non sobreviven á madurez. As crías están suxeitas á predación incluso con máis regularidade que cando estaban no ovo, enfrontándose a moitos dos mesmos mesopredadores que comían os ovos, así como a outros crococilianos (incluíndo os da súa propia especie), grandes serpes ou grandes peixes carnívoros. A predación é tan común que dependen de que sobreviva un suficiente número de crías por cuestión do seu gran número. Os caimáns negros femias só se reproducen unha vez cada 2 ou 3 anos.

Relacións predadoras interespecíficas