O F.C. Hansa Rostock é un club de fútbol alemán da cidade de Rostock, en Mecklemburgo-Antepomerania. Foi un dos clubs con máis éxito procedentes da antiga RDA e estivo na Bundesliga durante dez anos, desde 1995 ata 2005, para logo declinar. Desde 2012, o club xoga na 3ª Liga.
Historia miniatura|O equipo en xullo de 1978 O club estableceuse o 1 de novembro de 1954 co nome de Sportclub Empor Rostock con seccións dedicadas a diferentes deportes. Así e todo o equipo de fútbol non se puido recrutar das asociacións deportivas locais (Betriebssportgemeinschaften) polo que se transferiu o equipo do BSG Empor Lauter de Lauter a Rostock, localizado nunha zona ben representada no fútbol da Alemaña Oriental. O novo equipo denominouse SC Empor Rostock e tomou o lugar do desaparecido BSGз Empor Lauter na primeira división en novembro de 1954. Na tempada seguinte remataron en segunda posición pero quedou relegado á 14ª en 1956 baixando de categoría e volvendo á DDR-Oberliga en 1958. O equipo quedou en segundo lugar en 1962, 1963 e 1964. A reorganización deportiva que a RDA realizou en 1965 levouno a converterse nun club independente adoptando o nome de FußClub Club Hansa Rostock, designado como un dos 11 clubs de elite do país.
Durante a década de 1970 o club quedaba na parte baixa da táboa e en tres ocasións baixou á segunda división da DDR-Liga aínda que sempre foi quen de volver á máxima división. Na década de 1980 mantivo sempre a categoría. Coa reunificación alemá e a fusión das dúas ligas, o Rostock gañou o seu primeiro campionato, foi na NOFV-Oberliga, a liga de transición que se estableceu para a tempada 1990-1991. Tamén gañou a derradeira Copa de Alemaña Oriental por 1-0 fronte ao F.C. Stahl Eisenhüttenstadt.
Bundesliga miniatura|O equipo en xaneiro de 1990 O éxito do club posibilitou o seu acceso á Bundesliga canda o Dynamo Dresden na tempada 1991–92 . O. Hansa non logrou a permanencia e baixou á segunda división para volver á primeira na tempada 1995–96. Nos dez anos seguintes mantivo a categoría, quedando como mellor resultado na sexta praza, secasí foi o único equipo da antiga RDA en continuar na máxima categoría. O 1 de decembro de 2002 o Rostock converteuse no primeiro equipo alemán en aliñar seis estranxeiros dun mesmo país nun partido da Bundesliga (Prica, Lantz, Wibran, Jakobsson, Arvidsson e Persson – todos suecos). O Rostock realizou unha mala primeira metade da tempada 2004–05, gañando un só partido e logrando cinco empates en 17 encontros e non se puido recuperar malia a chegada do dianteiro finlandés Jari Litmanen xa que logo o club deixou a máxima categoría, e así por primeira vez non houbo un club da antiga RDA. Tras dous anos na segunda división volveu á máxima categoría na tempada 2007-2008 pero baixou no cabo da tempada. A tempada 2009–10 foi mala e remataron baixando á terceira división, recuperando a categoría en 2010-2011 parar volver a terceira en 2011–12.
Títulos NOFV-Oberliga Campión: 1991 DDR-Oberliga Finalista: 1955, 1962, 1963, 1964, 1968 FDGB-Pokal Gañador: 1991 Finalista: 1955, 1957, 1960, 1967, 1987 2. Bundesliga Campión: 1995 Copa de Mecklenburg-Vorpommern Gañador: 1998, 2005, 2006, 2011, 2015, 2016
Adestradores
Xogadores A 23 de agosto de 2016 o equipo formábano:
Estadio miniatura|O estadio en 1957 O orixinal Ostseestadion construíuse en 1954, coa participación centos de cidadáns de Rostock que axudaron de balde. O primeiro partido internacional no Ostseestadion do equipo da RDA foi o 26 de setembro de 1956. En 2001 rehabilitouse para acoller a 29.000 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do F.C. Hansa Rostock HANSANEWS.DE
х
Categoría:Mecklemburgo-Antepomerania