Steffen Baumgart, nado o 5 de xaneiro de 1972 en Rostock, é un adestrador e ex-xogador de fútbol"Baumgart, Steffen" en kicker.de alemán.
Traxectoria Baumgart xogou como dianteiro e comezou a súa carreira profesional no F.C. Hansa Rostock en 1995. Cunha interrupción de dous anos pasou seis co FC Hansa, marcando 32 goles en 185 aparicións. En 2002 pasou ao 1. FC Union Berlin, xogando dous anos no Stadion An der Alten Försterei onde se converteu en favorito dos seareiros. En 200, o club baixou da 2. Bundesliga ao rematar o 17º.
Secasí, Baumgart permaneceu na segunda división alemá ao fichar polo FC Energie Cottbus nunha transferencia libre. Alí contribuíu á permanencia na categoría na súa primeira tempada e gañou a promoción á Bundesliga en 2006. Cottbus mantivo a máxima categoría na primeira tempada pero a tempada seguinte Baumgart xogou pouco co primeiro equipo e de mutuo acordo o 3 de xaneiro de 2008 o club e o xogador asinaron o remate do contrato. O 22 de xaneiro anunciouse a súa incorporación ao equipo da liga rexional norte, FC Magdeburg. Mai Baumgart deixou o club ao non logar cualificarse para a nova 3. Liga, e asinou co Germania Schöneiche. O 31 de marzo de 2009 volveu ao FC Magdeburg como adestrador. Con Baumgart o equipo gañou a FSA-Pokal en 2009, mais non foi capaz de mellorar os resultados do seu predecesor, quedando moi lonxe dos postos de promoción e Baumgart marchou do equipo en marzo de 2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Steffen Baumgart Perfil en Fussballdaten
Categoría:Adestradores do 1. FC Magdeburg Categoría:Xogadores do 1. FC Magdeburg Categoría:Nados en 1972 Categoría:Futbolistas da República Democrática Alemá Categoría:Xogadores do FC Hansa Rostock Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Xogadores do VfL Wolfsburg Categoría:Nados en Rostock