PewDiePie: Legend of the Brofist é un videoxogo de acción e plataformas desenvolvido e publicado polo estudio independente canadense Outerminds Inc., en colaboración con PewDiePie. O xogo foi lanzado para iOS e Android o 24 de setembro de 2015 e converteuse no xogo de pago con maior recadación nas App Store dos Estados Unidos tan só dúas horas despois do seu lanzamento. As versión para Microsoft Windows e macOS foron lanzadas o 10 de decembro de 2015, co modo cooperativo adicional.
PewDiePie tivo aspiracións de lanzar o seu propio videoxogo dende había moito tempo, e en decembro de 2014, revelou ós seus seguidores que estaba a colaborar con Outerminds Inc. para crear un videoxogo baseado en el. Estivo moi involucrado no desenvolvemento do xogo para asegurarse que de que sería ó máis semellante a como o querían os seus seguidores.
O xogo inclúe referencias a vídeos seus e elementos da cultura popular, ademais das voces de CinammonToastKen, Markiplier, Cryaotic (Cry), JackSepticEye e CutiePieMarzia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 2015 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá