Bonifacio VI, nado en data descoñecida e finado o 26 de abril de 896, foi o 112º papa da Igrexa católica.

Orixinario de Roma, foi elixido como sucesor de Formoso por unha facción romana. Non gobernou máis que quince días, a cabo dos cales morreu de gota, ou ben foi deposto pola facción spoletina, segundo as tradicións.

A súa elección foi anulada, cando do concilio de Roma, convocado en 898 por Xoán IX.

Categoría:Papas Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 896