José Luis Pose Blanco, nado en Carballo o 28 de decembro de 1942, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Na tempada 1964–65 xogou co Pontevedra CF en Segunda División, da man do adestrador Marcel Domingo, co que foi campión de liga e logrou o ascenso a Primeira División. Nesa campaña participou nun só encontro, nunha derrota fronte ao Burgos CF a domicilio (2–0), na segunda xornada. Os centrocampistas habituais nesa campaña foron José Vallejo, Constantino Rodríguez e Pablo Recalde.

Na tempada 1966–67 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando 10 partidos e anotando 2 goles. O seu debut produciuse na xornada 8, nunha derrota a domicilio fronte ao Granada CF (1–0), da man do adestrador Enrique Orizaola. O seu primeiro gol produciuse na xornada seguinte, nunha vitoria en Riazor fronte ao Real Zaragoza (4–1). Os centrocampistas habituais nesa campaña foron Manolete e Santos Bedoya, seguidos por Pose, José Manuel Goñi e Manuel Novo. Ese ano o equipo galego descendeu a Segunda División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Carballo Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Murcia