Runaway: A Road Adventure é un videoxogo de aventuras desenvolvido por Péndulo Studios, S.L. no 2001. O xogo segue unha longa tradición de xogos de aventuras en dúas dimensións, como as dúas primeiras entregas da serie Broken Sword. Gozou dunha gran popularidade en países como Alemaña e Francia, onde este xénero era popular.

A versión orixinal en castelán foi a primeira en estar dispoñible o 6 de xullo de 2001, mentres que outros lugares tiveron que agardar até dous anos para a súa publicación, incluíndo a versión en alemán no outono de 2002 e o resto de versións durante o 2003. Foi lanzado no Reino Unido en maio de 2004. O distribuidor orixinal foi Dinamic Multimedia e máis tarde sería FX Interactive.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2001 Categoría:Videoxogos de aventuras Categoría:Videoxogos desenvolvidos en España Categoría:Videoxogos de Windows