miniatura|200x200px|Pene circuncidado no que tamén se eliminou o freo. O freo do prepucio, freo prepucial ou freo do peneO Dicionario da Real Academia Galega define freo (4) como "Pregadura membranosa que limita os movementos dun órgano".O Dicionario de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, fala do "freo do prepucio" nas entradas "freo" e "plexo de panizza". é un pregamento cutáneo que une a cara inferior da glande coa superficie interior do prepucio, e axuda a contraer o prepucio sobre a glande.

Anatomía Xeralmente, cando o pene está fláccido o freo agóchase tras o prepucio. Ao retraer o prepucio, o freo obsérvase como unha porción de pel triangular que se estende desde a parte inferior do meato urinario, na cara ventral da glande, e que se une á mucosa do prepucio interno. Debido a esa forma triangular e á proximidade co freo, a mucosa prepucial baixo o freo recibe o nome de delta frenular. O delta e o freo están altamente innervados (conteñen un gran número de receptores nerviosos) polo que son considerados unha zona eróxena específica. O freo contén tamén unha pequena arteria. Malia adoitar estirparse durante a circuncisión, pode estar presente en individuos circuncidados dependendo do método empregado.

Funcións O freo mantén o prepucio no seu lugar sobre a glande e axuda a devolver o prepucio retraído á súa posición normal sobre a glande cando o pene está fláccido. Ademais desta función, o freo contribúe a intensificar as sensacións durante a actividade sexual, xa que constitúe unha área particularmente sensible do pene.Crooks, R.; Baur, K. Our Sexuality (5ª edición). Redwood City: Benjamin/Cummings, 1993. Páxina 129. [ISBN 0534595677] A estimulación repetida desta zona contribúe ao reflexo exaculatorio, tal como se puido observar en individuos con lesión da medula espiñal, que padecen incapacidade para exacular. Este feito permitiu a obtención de esperma das devanditas persoas con fins reprodutivos mediante estimulación vibratoria do pene.Saulino, Michael F. (2006). Rehabilitation of Persons With Spinal Cord Injuries. WebMD.Pryor, JL; Leroy; Nagel; Hensleigh (1995). Vibratory stimulation for treatment of anejaculation in quadriplegic men. En Archives of physical medicine and rehabilitation 76 (1): 59-64.

Condicións O freo breve ou frenulum breve é a condición caracterizada por un freo demasiado curto que restrinxe o movemento do prepucio, o que pode conducir a molestias durante a actividade sexual. É probable que un freo con esta condición esgace e cause unha leve dor e un sangrado mínimo. Polo xeral, isto non supón unha emerxencia médica e o freo adoita curar cando a hemorraxia remate. Con todo, a formación de tecido cicatricial fibroso acúrtao aínda máis. A condición pode ser tratada por frenuloplastia (cirurxía plástica reparadora), frenectomía (eliminación), ou circuncisión.Griffin, AS; Kroovand (1990). Frenular chordee: implications and treatment». Urology 35 (2): 133-4. Esta condición tamén poden ser tratada por outros métodos, como o uso de cremas con corticosteroides e a extensión manual do freo. O freo tamén pode ser eliminado ou estar completamente ausente en casos de hipospadias.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pene Prepucio do pene Circuncisión

Categoría:Anatomía rexional Categoría:Aparato reprodutor masculino