Star Citizen é un videoxogo en desenvolvemento de simulación espacial para Microsoft Windows e Linux. Star Citizen ten catro grandes piares: combate espacial en primeira persoa, minaría, exploración, e comercio con elementos de tirador en primeira persoa, e unha campaña dun xogador ou multixogador cooperativo chamada Squadron 42. O xogo construíuse cun motor CryEngine modificado que apoia as principais VR headsets.

En 2019, Cloud Imperium Games recadou máis de 220 millóns de dólares en investimento e emprega arredor de 475 desenvolvedores, o cal o converteu nun dos videoxogos máis ambiciosos da historia. Aínda non se anunciou unha data de lanzamento tanto para Squadron 42 como para Star Citizen.

Star Citizen posúe unha versión xogable de proba pública en constante actualización. Esta é accesible mediante a compra dunha nave que inclúe o acceso ó videojxogo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de ciencia ficción Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Alemaña Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos en desenvolvemento