A illa de Terre-de-Bas (oficialmente en francés: Terre-de-Bas des Saintes (literalmente: terra baixa de Les Saintes)) é unha illa no arquipélago de Les Saintes, nas Antillas Menores.

Pertence á comuna (municipio) de Terre-de-Bas no departamento francés de Guadalupe.Le Site officiel de la commune de Terre de Bas

Xeografía Descrición Terre-de-Bas é a illa máis occidental do arquipélago de Les Saintes. Do mesmo xeito que a súa veciña Terre-de-Haut, que debe o seu nome a fala marítima que chama as illas expostas ao vento terras altas e as protexidas do vento terras baixas. É unha illa de 9 km² dominada por un macizo montañoso pque aloxa un bosque protexido no seu centro (outeiroMorne à Coq, outeiro Morne Paquette, outeiro Morne Madis, outeiro Morne Abymes) e unha costa chea de cantís e picos (en francés: Pointe) (pico Pointe à Nègre, cantil Gros cap, pico Pointe à Vache, pico Pointe Noire, pico Pointe Sud). O punto máis alto da illa é o outeiro Abymes cunha altura de 293 m. Terre-de-Bas está separada de Terre-de-Haut por unha estreita canle de 890 m. Ademais de Terre-de-Haut, varias pequenas illas rodean Terre-de-Bas: Îlet à Cabrit la Redonde Grand-Îlet la Coche les Augustins le PâtéMonographie sur les Saintes (dépendance de la Guadeloupe)

Zonas poboadas

Unhas poucas vilas distribuense polos outeiros no interior. Petite-Anse, a vila máis importante da illa atópase nun val rodeado de montañas e sen vista sobre o mar. Petite-Anse é a vila onde están os edificios administrativos da municipalidade (concello, oficina de correos, escolas), no lado oposto do porto principal. O asentamentos máis antigos que aínda permanecen son as localidades de Grande-Anse e Petite-Anse. A poboación repártese en 5 barrios (distritos), máis ou menos ben delimitados. Agrúpanse en dúas metades:

lesteOesteNº Barrio Nº Barrio123Anse des MûriersGrande-AnseGrand-Baie45Petite-Ansele Mapou

Notas

Ligazóns externas

Mapa de localización da illa

Categoría:Illas de Francia Categoría:Antillas Menores Categoría:Illas do Caribe