O Alqatara Rugby Club Andalucía chamado Helvetia Rugby por motivos de patrocinio , foi un equipo español de rugby de Sevilla, fundada en 2014 por un convenio de colaboración entre o Club Amigos del Rugby e a Club Deportivo Mairena para competir na División de Honra B. O equipo quedou disolto en 2017 cando rematou o convenio de colaboración.

Historia Malia que o club foi fundado en 2014, a súa orixe está na unión de forzas do Club Amigos del Rugby e o Club Deportivo Mairena que en 2007 xuntaron os seus recursos e ós seus mellores xogadores para competir como un único equipo na segunda división do rugby nacional , mantendo a súa independenza a nivel rexional e de categorías inferiores. Ese único equipo xa tiña entón o patrocinio de Helvetia e como tal foi coñecido. En 2014 o Alqatara foi rexistrado como novo club na Federación Andaluza de Rugby, recibindo a licenza para competir na División de Honra B que foi cedida por parte do Club Amigos del Rugby, e rexistrando tanto ó C.A.R. como ó C.D. Mairena como equipo filiais.

En 2016 o Club de Rugby San Jerónimo, tamén da capital andaluza, pasou a ser o terceiro club filial do Alqatara. Ata 2017 cando rematou a colaboración entre os clubs fundadores.

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina web oficial do CD Mairena

Outros artigos Club Amigos del Rugby Club Deportivo Mairena División de Honra B

Categoría:Equipos de rugby de España Categoría:Deporte en Sevilla