Saparman Sodimejo, máis coñecido como Mbah Gotho, nado o 31 de decembro de 1870, e finado o 30 de abril de 2017, foi un home indonesio que declarou ser a persoa máis vella xamais rexistrada. En maio de 2010, Solopos reportou que os responsables do censo anual rexistraron a súa idade en 142 anos, o que o convertería en 19 anos máis vello que a persoa máis vella oficialmente rexistrada, Jeanne Calment, que morreu en 1997. A páxina web Liputan 6 reportou que a idade estimada de Mbah Gotho era de 140 anos, e que malia que el non era quen de lembrar o seu ano de nacememento, si lembraba a construción dunha fábrica de en Sragen en 1880.
Aínda que as autoridades indonesias na oficina do rexistro local confirmaron a súa data de nacemento, non se levou a cabo unha verificación de terceiros independente da súa idade, nin está recoñecido polo Gerontology Research Group.
Notas
Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Supercentenarios Categoría:Nados en Indonesia