A seguir recóllese a pegada do gato na cultura popular galega a través das crenzas, refráns, cantigas, etc. recollidas de enciclopedias, vocabularios, refraneiros e outra bibliografía de ámbito xeral ou localizado.

Crenzas e supersiticións miniatura|300px|Criar un gato negro dá boa sorte na casa miniatura|300px|Levarse coma o can e o gato É común a crenza de que dá mala sorte que un gato negro se cruce diante nosa pero, pola contra, criar un gato negro na casa trae boa sorte Eladio Rodríguez González, s. v. negro.; en Cambados engaden que, para ben ser, o tal gato debe ser regalado Adela Leiro, 120..

Para curar o mal de aire din que é bo afumar o paciente con romeu, oliveira e loureiro, ademais dunha pluma de galiña e pelos de gato Mariño Ferro (1985), 227..

Locucións Acedo como o rabo dun gato: dise do alimento que se avinagra Elixio Rivas Quintas (1978).. Andar á xaneira, andar de xaneira/ xaneiro: estar unha gata en celo Eladio Rodríguez González, s. v. xaneira.. Por extensión, dise dos mozos que andan pola noite buscando aventuras amorosas, como os gatos en celo. Andar ás celeiras coma as gatas xaneiras. Andar como os gatos en xaneiro. Coma cans e gatos: ver levarse coma o can e o gato. Levarse como o can e o gato: estar rifando permanentemente, levarse mal con outro Real Academia Galega 1913, s. v. can.. Ser á boa fe, coma os gatos pequenos: non ter mala intención Victoria Cerviño Ferrín 2013..

Refraneiro miniatura|300px|...uñas de gato A muller que non sabe cociñar, é coma gata que non sabe ratear Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. Aí vén febreiro cos seus vinteoito: si tivera máis catro non deixaba can nin gato. Cara de beato, e unllas de gato Eladio Rodríguez González, s. v. cara.. Chuvia en maio, a mexadiña dun gato Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato Rosario Soto Arias 2013.. Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato . Chuvia en marzo, nin o mexo dun gato Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.. Coa axuda dos veciños, sóbense os gatos os touciños Eladio Rodríguez González, s. v. touciño.. Dixo no monte unha vella: "Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato". Febreiriño contestou: "Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro". En marzo auga que non molle o rabo do gato . En marzo nin o rabo do gato mollado . Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duras máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor pra ir co ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pregoeiro. Febreiriño corto, cos teus días vinteoito, si duraras máis catro, non paraba can nin gato Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: mais.. Febreiriño curto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro non deixabas can nin gato. Febreriño curto, cos teus días vinteoito, se tuveras outros catro, non quedaba can nin gato, nin orellas ó pigureiro, nin can tras do palleiro Elixio Rivas Quintas (1978). No orixinal: ghato, pighureiro.. Febreiro corto, cos seus días vinteoito, se durara máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no seu burato Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. No orixinal: corzo, sic por corto.. Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil . Fillo de gata, ratos mata Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.. Gato do mes de xaneiro vale un carneiro. Gato escaldado da auga fría fuge Real Academia Galega 1913, s. v. auga.. Maio tolo, nin bo gato nin bo polo. Máis val ser cabeza de rato, que rabo de gato Eladio Rodríguez González, s. v. cabeza.. Marzo, marzaco, cabeza de gato, de oito bois que tiña deixáchesme catro. Marzo, nin rabo de gato mollado. Nin mozo dormidor, nin gato maiador Eladio Rodríguez González, s. v. mozo.. Nin mozo farrento, nin gato cincento . No Camiño francés venden gato por res Eladio Rodríguez González, s. v. camiño.. O can i o gato comen o mal gardado Eladio Rodríguez González, s. v. can.. O fillo do gato mata ó rato . Ó probe, a muller e a gata; ó rico, a pocha e a vaca Sobreenténdese que unhas paren ó pobre e outras ó rico.. Polo rabo da culler entra o gato na ola <ref>Juan Sobreira Salgado: "Papeletas.</ref>. Polo rabo da culler sobe o gato a ola Eladio Rodríguez González, s. v. rabo.. Polo rabo da culler vai o gato á ola José María Pereda Álvarez (1953).. miniatura|300px|Sardiña que leva o gato, tarde ou nunca volve ó prato San Adrián, nin bo gato nin bo can San Adrián mártir celébrase o 4 de setembro, pero en Galicia tamén se celebra este santo en marzo, en xuño e en agosto.. Santo San Xoán de Arruxo/ déalle salú ó raposo/ os gatos de Maldonado/ rabuñáronlle o pescozo José Crespo Pozo I:199,23. No orixinal: d'Arruxo, rabuñáronll'o pescozo.. Sardiña que leva o gato, tarde o nunca volve ó prato Lino Lema Bouzas, 9.. Sardiña que o gato leva, ben lambidiña vai . Sardiña que o gato leva, perdida está . Sogra e nora, can e gato, non comen no mesmo prato Miguel Rubinos Conde 2013.. Un ollo ó prato, e outro ó gato Eladio Rodríguez González, s. v. ollo.. Vaite febreiriño corto, cos teus días vinteoito, que se tiveras máis catro non quedaba can nin gato. Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato. Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo. Vaite febreiro cos teus vinteoito, que si duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo.

Cantigueiro miniatura|300px Á porta de cas te mordan,/ malos gatos te rabuñen,/ que veña un boi que te escorne/ i a morte que te apatule Xaquín Lorenzo Fernández, 43.. Ai, miña nai, que caldo me ten./ Ai, miña filla, sábeche ben;/ verciñas poucas, fabiñas catro,/ carniña tanta coma a lengoa dun gato Xaquín Lorenzo Fernández, 33. No orixinal: berciñas, de un gato.. As garelas Aplícase o alcume de garelas ás mozas desvergonzadas e atrevidas, pero tamén ás naturais de Betanzos, en xeral. de Betanzos/ cando van para o muíño/ levan un gato esfolado/ para comer no camiño. Cálate, vaite calando,/ cara de caracandil,/ ollos de gato raxado,/ fuciños de tamboril Xaquín Lorenzo Fernández, 55.. Cantiguiña que eu dixer/ non a tornes a decer,/ que teño un gato esfolado/ para che dar a comer Xaquín Lorenzo Fernández, 59. No orixinal: nona.. Chamáchesme ollos rasgados, tamén os meu noivo os ten/ e non los fumos roubar/ ao gatiño de ninguién Xaquín Lorenzo Fernández, 62.. De ise lado do río/ anda un gato dando voces/ que lle cortaron o rabo/ para bigotes dos homes Xaquín Lorenzo Fernández, 67. Eu subín por unha viña/ e baixei por un chantón./ Quen che ha de querer a ti/ cara de gato ladrón Chantón é o pé de pedra que levanta a viña. Fermín Bouza Brey 1929, 188. No orixinal: tí.. Manoel, Manoeliño/pernas de gato monteiro/pensas enganar as nenas/engánast'a ti primeiro José Pérez Ballesteros II:60,39.. Manuel, caga mel, / I as abellas c... para el / A gata c... nata / i o Manuel todo lapa. Miña nai pariume ó lume/ por baixo dunha tixela/ e veu o gato e levoume/ pensando que era vitela Xaquín Lorenzo Fernández, 100. No orixinal: de unha. Vitela é tanto a becerra como a carne que se saca dela.. Miña nai, cando peneira,/ báteme cunha variña;/ dime que fuxa dos homes/ coma o gato da sardiña Xaquín Lorenzo Fernández, 98.. Pensas que te quero moito/ trapo de tódalas rollas;/ tanta ansia teño por ti/ como o gato por cebolas Xaquín Lorenzo Fernández, 133.. Sardiña que o gato leva,/ aquela galdida vai;/ heite de sacar, meniña,/ dos brazos da túa nai Xaquín Lorenzo Fernández, 142.. Sardiña que o gato leva,/ aquela gandida vai;/ heite de sacar, meniña,/ do poder da túa nai Xaquín Lorenzo Fernández, 267. Recollida na comarca do Ulla.. Se tu viras o que eu vin/ na feira dos maragatos:/ vintecatro cabaleiros/ dacabalo de dous gatos Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: vín.. Se vírades o que eu vin/ fuxírades como eu fixín:/ un gato nunha ventana/ tocando nun violín Xaquín Lorenzo Fernández, 148. No orixinal: virades, vin, fuxirades.. Voulles contar a vostedes/ o que enganan as mulleres,/ que ó probe do Farruquiño/ déronlles gatos por lebres Xaquín Lorenzo Fernández, 163. Semella a introdución dun cantar máis longo..

Adiviñas Fun á romaría de san Benitiño,/a un pai e sete fillas crucei no camiño,/cada filla levaba sete sacas,/en cada saca ían sete gatas/e en cada gata sete gatiños./Gatiños, gatas, sacas,/homes e mulleres no camiño,/¿cantos ían ó san Benitiño? Gárfer e Fernández, 245; a solución: eu só. No orixinal: romería, crucéi, iban, i, cántos..

Notas

Véxase tamén Bibliografía ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. Mª Victoria Cerviño Ferrín: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462. GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ed., Madrid 1984. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.* FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos, Ir Indo, Vigo 1992. LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985. REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928. RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502. SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979. SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.

gato Categoría:Gatos