Antonia Petrova Beredin (en búlgaro: Антония Петрова Бередин), nada en 1984, é unha avogada, actriz e concursante de beleza que gañou o título de Miss Bulgaria no ano 2009.

Traxectoria Representou ao seu país en Miss Mundo 2009 o cal se realizou en decembro de 2009. Coroou á súa sucesora como Miss Bulgaria, Romina Andonova, en abril de 2010.

Case inmediatamente despois de gañar a súa coroa, Petrova Beredin participou na terceira temporada de VIP Brother (a edición de celebridades do reality Big Brother) en Bulgaria). Pasou 14 días na casa, e despois marchou voluntariamente.

Petrova estudou dereito na UNSS.

Notas

Categoría:Modelos femininas de Bulgaria Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados na provincia de Pazardzhik