Paula Vázquez Verao, nada en Sober en 1984, é unha política galega.
Traxectoria Estudou Xeografía e Historia na UNED. Traballadora do sector turismo, é presidenta da asociación cultural Colado do Vento. Gañou o premio Lola de Penelas en 2016 polo seu labor de divulgación.
Militou no BNG, polo cal foi elixida concelleira nas eleccións municipais de 2011 en Sober como número 2 da candidatura. Trala marcha de Encontro Irmandiño en marzo de 2012 abandonou o BNG, conservando a acta de concelleira, e pasou a formar parte de Anova. Dentro do partido era membro da corrente crítica Cerna, coa cal se escindiu en outubro de 2014. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidata á alcaldía de Sober pola candidatura cidadá Agroma Sober, a cal logrou 2 concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada por En Marea, onde confluíra a súa formación. Pese a renunciar á súa acta de concelleira en decembro de 2017La diputada Paula Verao renuncia a seguir como concejala en Sober, para centrarse na súa labor de deputada, volvería a encabezar Agroma Sober nas municipais de 2019 logrando de novo 2 concelleiros e sendo a principal forza da oposición ao PPdeG no concello. Afín ás teses do líder de En Marea Luís Villares, abandonou xunto a este e outros 2 deputados o grupo parlamentario da formación en xuño de 2019En Marea se rompe: Luís Villares y sus tres diputados se pasarán al grupo mixto. Ao remate da lexislatura non participou nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, pasando a centrarse na súa labor de concelleira en Sober.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Artigos en Nós Diario
Categoría:Concelleiros de Sober Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1984 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia