Daniel Asorey Vidal, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un escritor e profesor galego. Traxectoria Profesor no ensino medio de Lingua Galega e Literatura, ten publicado relatos e recensións e colaborado en libros de texto.

Obra individual Narrativa Nordeste (2016). Galaxia. 156 páxs. ISBN 978-84-9151-011-6. As mulleres da fin do mundo (2019). Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9121-497-7. ePbub: ISBN: 978-84-9121-498-4. Finalista do Premio Xerais de Novela. Novela de ficción que se pode clasificar como distopía.

Poesía Transmatria (2019). Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-477-9. ePub: ISBN 978-84-9121-666-7. Negras (2022). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-1110-051-9. ePub: ISBN 978-84-1110-057-1.

Obra colectiva Muralla de Crescornio (1989). Libro de relatos. I Certame de relato curto Asociación Cultural "Cidade Vella" Santiago de Compostela. Autores participantes: Daniel Asorey, Ramón Nicolás, Carlos Quiroga e Henrique Rabuñal. "Soñar pedras con fútbol" en De soños e memorias (2003). Espiral Maior. ISBN 84-95625-68-7. Obra de autoría compartida cos relatos premiados na IX, X e XI edicións do Certame "Manuel Murguía" de narracións breves. Premios I Certame de Relato Curto Cidade Vella, 1988. Premio de Narración Curta no I Certame Literario e de Investigación Terra de Melide, 2001. Certame Manuel Murguía de narracións breves con Soñar pedras con fútbol, 2002. Premio Narrativa Breve Repsol coa obra Nordeste, 2016.Daniel Asorey gaña o X Premio de Narrativa Breve Repsol. Finalista dos Premios da Crítica de Galicia e do Premio San Clemente, 2017. XXI Premio de poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu coa obra Transmatria, 2018. II Premio de Relato Breve Nélida Piñón, 2018. XX Premio de poesía Miguel González Garcés da Deputación da Coruña no 2020 por Contra natura. Compartido con Lupe Gómez. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Nados en Santiago de Compostela

Categoría:Nados en 1970

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes