The Three Little Pigs é unha curtametraxe clásica de animación de 1933 producida por Walt Disney e dirixida por Burt Gillett. Baséase no conto de fadas Os tres porquiños, e en 1934 gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 6ª edición dos premios. A curta tivo un orzamento de $22 000 e recadou $250,000. No 2007, The Three Little Pigs foi escollido para a súa conservación na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "significativo cultural, histórica ou esteticamente".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1933 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Burt Gillett Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes baseados en contos de fadas Categoría:Filmes sobre porcos Categoría:Filmes preservados no National Film Registry