Steamboat Willie é unha curtametraxe clásica de animación de 1928 dirixida por Walt Disney e Ub Iwerks. Foi creada en branco e negro por Walt Disney Studios e foi estreada por Celebrity Productions. O debuxo animado está considerado como a primeira aparición de Mickey MouseWalt Disney Treasures - Mickey Mouse in Black and White (1932) en Amazon.com e a súa moza Minnie, malia que ámbalas dúas personaxes apareceron meses antes no test de pantalla Plane Crazy. Steamboat Willie foi o terceiro dos filmes de Mickey en ser producido, pero o primeiro en ser distribuído por mor de que Walt Disney, despois de ver The Jazz Singer, propuxérase a si mesmo crear a primeira animación con son completamente sincronizado.

Steamboat Willie é especialmente salientable por ser o primeiro filme de Disney co son sincronizado, incluíndo os sons das personaxes e a banda sonora. Disney entendeu moi axiña que o cine sonoro era o futuro dos filmes. Foi o primeiro debuxo animado cunha banda sonora completamente post-producida, o que o distinguiu doutras producións anteriores como as de Inkwell Studios' Song Car-Tunes (1924–1927) e Van Beuren Studios' Dinner Time (1928). Steamboat Willie convertérase nos debuxos máis populares do seu tempo.Steamboat Willie (1929) at Screen Savour

En 1998, Steamboat Willie foi escollido para a súa conservación na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "significativo cultural, histórica ou esteticamente".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mickey Mouse Protection Act

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1928 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Walt Disney Categoría:Filmes dirixidos por Ub Iwerks Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes preservados no National Film Registry