Ali Lee Kai-sum, nada en Hong Kong o 27 de novembro de 1982, é unha actriz e presentadora de televisión de Hong Kong.
Traxectoria thumb|Ali Lee en 2011.|200px Estudou artes visuais na Universidade da Cidade de Hong Kong, e tras lograr o grao de asociado traballou durante algún tempo como modelo para unha revista e protagonizou algúns anuncios para a televisión."Model Ali Lee to cover Beijing Olympics for Cable" . En 2008 Lee entrou a traballar na Cable TV Hong Kong e presentou diversos programas nesa canle, desde deportivos ata de entretemento. En 2011 debutou como actriz na miniseri ICAC Investigators 2011, interpretando á axente do ICAC "Ashley." Logo de expirar o seu contrato, asinou coa TVB a finais de 2012 e apareceu no programa Confederations Cup 2013 - Kick-Off Carnival. centro Carnival."李佳芯:做祥仔對手好幸福" [Ali Lee: Fortunate to act with Wayne Lai] . A súa primeira actuación na TVB foi como "Sue" na comedia dramática romántica de 2014 Outbound Love e logo sa actuou en sete series máis da TVB nese ano con papeis menores.
Pero o que lle deu notoriedade foi a súa actuación como vilá na serie tamén de 2014, Overachievers. A continuación as súas interpretacións en Raising the Bar, My "Spiritual" Ex-Lover e Rear Mirror consolidaron a súa carreira. A finais de 2015 apareceu en Law dis-Order como a protagonista feminina compartindo elenco con Alex Fong e Liu Kai-chi. En 2016 protagonizou con Gallen Lo o serial The Conspirators.""是非精"李佳芯上位" [Gossip queen Ali Lee climbs to the top] .
Televisión
Series Ano Título papel Notas 2011ICAC Investigators 2011 Ashley Nos títulos de crédito figura como "Lee Ka-hing" Episodio 42014 Outbound Love Sue Gilded Chopsticks Consorte Yee Swipe Tap Love Parella Ghost Dragon of Cold Mountain Consorte Yuen Come Home Love Susanna Kwan Rear Mirror Yuen Ka-po Overachievers Ivy Yu Sze-lam Tiger Cubs II Cheung To Papel menor 2015 Raising the Bar Sam Lai-ching Candidata ao premio da TVB á mellor actriz novel My "Spiritual" Ex-Lover Espírito de raposa Candidata ao premio da TVB á mellor actriz secundaria Candidata ao premio da TVB á mellor actriz novel Under the Veil Chak-sin Candidata ao premio da TVB á mellor actriz novel 2016 Fashion War Vincy Kei Wan-wan Brother's Keeper II Chung Wing Law dis-Order Hazel Cheuk Yee-chung Protagonista Watch Out Boss Roxie Yiu Lok-sze Por estrear 2017 The Conspirators Rachel Chan Hei-man Protagonista; Pos-produción
Notas
Ligazóns externas Ali Lee en Sina Weibo Ali Lee en Instagram Ali Lee en Facebook
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Hong Kong Categoría:Personalidades de Hong Kong Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Modelos femininas Categoría:Actores da China