Shayne Mitchell Whittington, nado o 27 de marzo de 1991 en Paw Paw, Míchigan, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 2,11 metros xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional Whittington presentouse ó Draft da NBA de 2014 pero non foi elixido. O 2 de xullo de 2014, asinou cos Indiana Pacers. O 8 de novembro fixo o seu debut na NBA, na derrota dos Pacers por 97-90 contra os Washington Wizards. Whittington fixo dous puntos, tres rebotes e dúas asistencias en oito minutos de xogo. O 27 de xullo de 2015, Whittington asinou de novo cos Pacers. Ó remate da tempada, foi cortado polos Pacers.
O 7 de agosto de 2016, Whittington asinou un contrato dunha tempada co Río Natura Monbús Obradoiro da Liga ACB.
O 26 de xullo de 2018, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas co BC Andorra da Liga ACB.
O 26 de decembro de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo CB Estudiantes da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil na NBA D-League
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Míchigan Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do BC Andorra Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Adestradores asistentes dos Indiana Pacers