O Mosteiro de Santa Maria da Vitória (máis coñecido como Mosteiro da Batalha) atópase en Batalha, Portugal, e foi mandado edificar en 1386 por Xoán I de Portugal como agradecemento á Virxe María pola vitoria na Batalla de Aljubarrota. Este mosteiro dominicano foi construído ó longo de dous séculos até o ano 1563, durante o reinado de sete reis de Portugal, pero dende 1388 xa vivían alí os primeiros dominicanos. Exemplo da arquitectura gótica tardía portuguesa, ou estilo manuelino, é considerado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e o 7 de xullo de 2007 foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal. En Portugal, o IPPAR clasificouno como Monumento Nacional dende 1910. Ten, dende 2016, o estatuto de Panteón Nacional.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Mosteiros de Portugal Categoría:Arquitectura de Portugal Categoría:Monumentos nacionais de Portugal Categoría:Patrimonio da Humanidade en Portugal