A casa Real de Aragón foi a primeira dinastía que ostentou o título de reis de Aragón.
Ao longo dos seus cinco séculos de vixencia (desde o Século XI até o Século XVI) gobernaron vinte e un monarcas, mantendo, en liñas xenais, unha certa proxección mediterránea e unha política de acercamento a Francia e a outras grandes casas reais europeas.La Casa de Aragón: Genealogía de una monarquía mediterránea, por Fuertes de Gilbert Rojo, M. (2004).
Orixes miniatura|260px|Miniatura da primeira metade do século XII que representa, barbado, a Ramiro I de Aragón e imberbe a Sancho Ramírez, fundadores da casa de Aragón. miniatura|150px|Signum regis (sinatura real) de Afonso II, tamén empregada por outros reis precedentes da casa de Aragón, como Pedro I e Afonso I o Batallador. miniatura|150px|Fernando II de Aragón.
A actual rexión de Aragón vivía, entre os séculos VIII e X unha certa autonomía que emanaba da súa resistencia aos musulmáns que invadiron a Península Ibérica. Tratouse dunha fase de transición dun protofeudalismo a un Estado Feudal, e todos os enclaves da zona mantiñan dinastías propias, aínda que frecuentemente enlazadas entre si.
A orixe da casa de Aragón está en Sancho III o Maior (1004-1035) que, tras un reinado esplendoroso no que obtivo gran número de territorios decidiu dividilos á súa morte entre os seus fillos. Así, en 1035, dexaría ao seu fillo Ramiro o territorio de Aragón, que pasou ao seu descendente Sancho Ramírez xa convertido en Reino.
Etapas As tres etapas, definidas pola historiografía actual, apuntan a tres momentos claves: os primeiros pasos da casa, a súa asunción da casa de Barcelona e a inclusión nos Trastámara. Nos tres momentos seguiríase mantendo conciencia de casa de Aragón.
Casa de Aragón-Pamplona
Nesta primeira etapa reinan Ramiro I de Aragón, Sancho Ramírez de Aragón, Pedro I de Aragón, Afonso I de Aragón, Ramiro II de Aragón e Petronila de Aragón, que casou con Ramón Berenguer IV o Santo e, en certo sentido, vese como a liña marcada por Sancho III o Maior, de acercamento ás grandes familias reais europeas, mantense.
Entre 1035 e 1164 consolídase unha dinastía forte, pero de influencia unicamente no ámbito aragonés. Por iso hai que prestar atención ao último enlace desta dinastía, entre Petronila e Ramón Berenguer IV de Barcelona, que se celebrou conforme ao dereito aragonés, nun tipo de matrimonio mediante o cal o marido integrábase na casa como un membro de pleno dereito (segundo a fórmula xurídica tradicional do "casamento na casa").Menéndez Pidal de Navascués, Faustino (2000), pp. 97-99.
En calquera caso, esta unión propicia, a través do seu sucesor, o paso a unha nova etapa, na que os reis da casa de Aragón gobernarían conxuntamente Aragón e o Condado de Barcelona.
Casa de Aragón-Barcelona
Esta etapa está formada por dez reis de Aragón e condes de Barcelona, desde Afonso II de Aragón (1164) até Martiño I o Humano (morto en 1410), pasando por Pedro II de Aragón, Xaime I de Aragón, Pedro III de Aragón, Afonso III de Aragón, Xaime II de Aragón, Afonso IV de Aragón, Pedro IV de Aragón e Xoán I de Aragón.
Ao longo dsta dilatada etapa estimulouse e rematouse a reconquista, empezando polos macizos montañosos de Teruel e finalizando en Valencia en 1245.
En todo caso, a pesar do paso dos anos os catro territorios da Coroa, Aragón, Barcelona, Mallorca e Valencia, seguiron conservando as súas identidades.
O reinado de Pedro III (1276-1285) é de importancia capital para a proxección mediterránea da casa, dados os seus intereses en Sicilia.
A morte de Martiño I en 1410 sen sucesor fixo que se elixise no Compromiso de Caspe (1412) como rei a Fernando de Antequera. Deste xeito implantouse a casa de Trastámara na Coroa de Aragón.
Casa de Aragón-Trastámara
A última etapa da casa de Aragón ten os seguintes monarcas: Fernando I de Aragón, Afonso V de Aragón, Xoán II de Aragón e Fernando II de Aragón (Fernando o Católico).
Neste sentido, a unión de Fernando con Isabel I de Castela supuxo a unión de Castela e Aragón. A filla de ambos os monarcas, popularmente coñecida como Xoana a Tola, a través do seu matrimonio con Filipe de Habsburgo, chamado o Fermoso, deu paso á implantación dunha nova Casa Real en Aragón, os Austrias, poñendo fin definitivamente a unha conciencia de casa de Aragón que si se mantivera na época dos Trastámara.
Ramas menores Con orixe na casa real xurdiron outras ramas menores da casa de Aragón, como a rama dos duques de Villahermosa e condes de Luna e a rama dos duques de Montalto.
Brasóns
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Fatás Cabeza, Guillermo e Guillermo Redondo Veintemillas (1995): Blasón de Aragón: el escudo y la bandera. Zaragoza: Deputación Xeral de Aragón. ISBN 84-7753-543-4 . Fluvià i Escorsa, Armand (1995): Els Quatre Pals. L'escut dels Comtes de Barcelona. Barcelona: Ed. Rafael Dalmau Editor (Episodis de la Història, 300). ISBN 84-232-0478-2 . Menéndez Pidal de Navascués, Faustino (2000): Símbolos de España. Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. ISBN 978-84-259-1110-1 . Serrano Daura, Josep (1997): "La donación de Ramiro II de Aragón a Ramon Berenguer IV de Barcelona, de 1137, y la institución del "Casamiento en Casa" Estudis Històrics i Documents dels Arxius de Protocols nº. 15 . Soldevila Zubiburu, Ferran (1935): Història de Catalunya, Volum 1 Barcelona: Editorial Alpha. ISBN 84-7013-227-X (reed. 1963, 1968) . Torres-Solanot y García de Buestelo, Ignacio de (2002): Barras de Aragón. Barcelona: Torres-Solanot. ISBN 84-607-4148-6 . Ubieto Arteta, Antonio (1987): Creación y desarrollo de la Corona de Aragón. La Muela, Zaragoza: Anubar Ediciones. ISBN 84-7013-227-X . VV. AA. Gran Enciclopèdia Catalana: Aragó .
Outros artigos Condado de Aragón Condado de Barcelona Coroa de Aragón Reino de Aragón Reino de Mallorca Reino de Sicilia Reino de Valencia Lista de monarcas de Aragón
Ligazóns externas Juan Bassegoda Nonell: La reina Petronila en la Catedral de Barcelona . Antonio Durán Gudiol: "El rito de la coronación del rey en Aragón". Argensola: Revista de Ciencias Sociales del Instituto de Estudios Altoaragoneses, ISSN 0518-4088, Nº 103, páxs. 17-40. (ler completo en PDF) . "Coronación real" Gran Enciclopedia Aragonesa .
Categoría:Familias reais Categoría:Historia de Aragón Categoría:Historia de España Categoría:Historia de Sicilia