Pulmonoscorpius kirktonensis (literalmente escorpión con pulmóns) é unha especie xigante e extinta de escorpión que viviu durante a época Viseense do Carbonífero. Os seus fósiles foron atopados en East Kirkton, West Lothian, Escocia. A especie podía acadar 70 centímetros de lonxitude.
A dieta do Pulmonoscorpius non se coñece, pero crese que os artrópodos puideron formar parte da súa dieta, e mesmo podería terse alimentado de pequenos tetrápodos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fósil en langsfossils.com Giant Paleozoic arthropods
Categoría:Arácnidos Categoría:Fósiles descritos en 1994