O Gran Premio de Abu Zabi de 2016 (oficialmente coñecido como 2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 27 de novembro de 2016 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a sétima edición do Gran Premio de Abu Zabi e a sétima vez que a carreira disputouse como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en .

Antecedentes

O Gran Premio de Abu zabi foi a carreira número 250 e última de Felipe Massa na Fórmula 1. Tamén foi a última carreira de Jenson Button ata o momento, o seguinte ano continuou en McLaren pero como piloto de probas. Foi a última carreira de Nico Hülkenberg con Force India que pasou a Renault, de Kevin Magnussen con Renault, que pasou a Haas e de Esteban Ocon con Manor que pasou a Force India en .

Carreira

Na saída Lewis Hamilton mantivo a primeira posición. Nico Rosberg, pegado, consciente de que a segunda praza outorgaríalle o título. Por detrás, Kimi Räikkönen. Daniel Ricciardo marchaba cuarto, mentres o seu compañeiro de equipo trompeou e caeu ata a última praza. Na sexta volta Kevin Magnussen retirouse por problemas no seu Renault, seguido por Bottas unha volta máis tarde con problemas no seu Williams. Cando os líderes comezan a entrar en boxes, Ricciardo queda primeiro provisionalmente. Na 10ª volta a clasificación era Ricciardo, Pérez, Hamilton, Verstappen, Rosberg, Raïkkönen, Vettel, Button, Hulkenberg e Grosjean. Na volta 13 Jenson Button abandonou coa suspensión dianteira rota, na 15 o seguía Daniil Kvyat que rompeu a caixa de cambios do Toro Rosso, mentres Hamilton se queixaba dos seus pneumáticos.

Na volta 20 a clasificación provisional do GP de Abu Zabi de Fórmula 1 era Hamilton, Verstappen, Rosberg, Räikkönen, Ricciardo, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º), na seguinte volta Rosberg adiantou a Verstappen que ao entrar en boxes e caeu a oitava posición, coa esperanza de chegar ata o final sen volver a cambiar pneumáticos. Na volta 29 Hamilton entra en boxes e na volta 30 a situación era Vettel, Hamilton, Rosberg, Verstappen, Räikkönen, Massa, Alonso (8º), Hulkenberg e Pérez. Hamilton ralentizou a carreira para permitir que se acercara o dúo de Christian Horner a Nico Rosberg. A situación na volta 40 era Hamilton, Rosberg, Verstappen, Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na Jvolta 44 Jolyon Palmer golpeou o difusor do F1 de Carlos Sainz ao apartarse para ser dobrlado. Dirección de carreira decidiu abrir unha investigación, pero o golpe afectou a Sainz e non podía pasar de segunda velocidade, tendo que abandonar.

Os 10 primeiros na volta 50 eran Hamilton, Rosberg, Verstappen, Vettel, Ricciardo, Räikkönen, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na volta 53 Lewis Hamilton se escapa, pero logo de liala detrás. Sebastian Vettel se lanza sobre o Red Bull e adianta a Max Verstappen. Vettel era terceiro e foi a por Nico Rosberg. Por detrás, tócanse os Manor, Ocon e Wehrlein, Ocon voou sobre o piano. Na última volta Nico Rosberg aguantou as turradas de Sebastian Vettel. Max Verstappen estaba á caída. Todos contra Nico Rosberg pero o alemán aguantou e aínda que Vettel o intentou, non o conseguiu. Hamilton no podía ir máis lento. Nico Rosberg proclamouse campión do mundo de Fórmula 1 por primeira vez na súa traxectoria deportiva. Na carreira Hamilton foi primeiro seguido de Rosberg, Vettel, Verstappen, Daniel Ricciado, Kimi Räikkönen, Nico Hulkenberg e Sergio Pérez. Felipe Massa retirouse da Fórmula 1 na novena praza. Fernando Alonso foi décimo.

Clasificación

Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorQ1Q2Q3Grella144Mercedes1:39.4871:39.3821:38.755126Mercedes1:40.5111:39.4901:39.0582331:41.0021:40.4291:39.589347Ferrari1:40.3381:39.6291:39.604455Ferrari1:40.3411:40.0341:39.6615633Red Bull Racing-TAG Heuer1:40.4241:39.9031:39.81867271:41.0001:40.7091:40.5017811Force India-Mercedes1:40.8641:40.7431:40.5198914McLaren-Honda1:41.6161:41.0441:41.10691019Williams-Mercedes1:41.1571:40.8581:41.213101177Williams-Mercedes1:41.1921:41.084111222McLaren-Honda1:41.1581:41.272121321Haas-Ferrari1:41.6391:41.48013148Haas-Ferrari1:41.4671:41.564141530Renault1:41.7751:41.820151694MRT-Mercedes1:41.8861:41.995161726Toro Rosso-Ferrari1:42.003171820Renault1:42.142181912Sauber-Ferrari1:42.247192031MRT-Mercedes1:42.286202155Toro Rosso-Ferrari1:42.39321229Sauber-Ferrari1:42.63722107% tempo: 1:46.451Fonte:

Carreira

Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos144 Lewis HamiltonMercedes551:38:04.01312526 Nico RosbergMercedes55 +0.43921835 Sebastian VettelFerrari55 +0.843515433 Max Verstappen55 +1.68561253 Daniel RicciardoRed Bull Racing-TAG Heuer55 +5.31531067 Kimi RäikkönenFerrari55 +18.81648727 Nico HülkenbergForce India-Mercedes55 +50.11476811 Sergio PérezForce India-Mercedes55 +58.77684919 Felipe MassaWilliams-Mercedes55 +59.4361021014 Fernando AlonsoMcLaren-Honda55 +59.89691118 Romain GrosjeanHaas-Ferrari55 +1:16.777141221Haas-Ferrari55 +1:35.113131331 Esteban OconMRT-Mercedes54 +1 volta201494 Pascal WehrleinMRT-Mercedes54 +1 volta16159 Marcus EricssonSauber-Ferrari54 +1 volta221612 Felipe NasrSauber-Ferrari54 +1 volta191730 Jolyon PalmerRenault54 +1 voltaJolyon Palmer recebíu 5 segundos de penalización por causar unha colisión co Carlos Sainz15Ret55 Carlos SainzToro Rosso-Ferrari41Danos por colisión21Ret26 Daniil KvyatToro Rosso-Ferrari14Caixa de cambios17Ret22 Jenson ButtonMcLaren-Honda12Suspensión12Ret77 Valtteri BottasWilliams-Mercedes6Suspension11Ret20Renault5Suspensión18Fonte:

Posicións logo da carreira Texto en negra indica que Mercedes e Nico Rosberg foron os Campións do mundo.

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Nico Rosberg 385 10px 2 Lewis Hamilton 380 10px 3 256 10px 4 Sebastian Vettel 212 10px 5 Max Verstappen 204

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 765 10px 2 Red Bull Racing-TAG Heuer 468 10px 3 Ferrari 398 10px 4 Force India - Mercedes 173 10px 5 Williams - Mercedes 138

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2016 Categoría:Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1