A 8-oxoguanina (ou 8-hidroxiguanina, 8-oxo-Gua, ou OH8Gua) é unha base nitroxenada que se forma como unha das lesións no ADN máis comúns causada polas especies reactivas do oxíxeno e pode orixinar un apareamento incorrecto coa adenina, o que ten como resultado substitucións de G a T e de C a A no xenoma. Nos humanos, é reparada fundamentalmente pola ADN glicosilase OGG1. Pode orixinarse pola acción da radiación ionizante en conexión co metabolismo oxidativo. Pode formar os nucleósidos 8-oxoguanosina e 8-oxo-2'-desoxiguanosina, cando se une, respectivamente, á ribosa ou á 2-desoxirribosa.
miniatura|left|A 8-oxo-dG (syn) nun par de bases de Hoogsteen con dA (anti). miniatura|esquerda|180px|Para a comparación velaquí un par de bases estándar (non mutaxénico) GC con ambas as bases na configuración anti do enlace entre a base e o azucre.
En fluídos corporais
O incremento das concentracións de 8-oxoguanina nos fluídos corporais asociouse cun incremento do risco de mutaxénese e carcinoxénese.
Os ensaios con 8-oxoguanina deben facerse con moito coidado debido á facilidade coa que pode ser oxidada durante a extracción e os procedementos do ensaio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos 8-Oxo-2'-desoxiguanosina 8-Oxoguanosina
Categoría:Reparación do ADN Categoría:Purinas