Francisco Javier Calvo del Olmo, coñecido literariamente como Francisco Coimbra, nado en Madrid en 1986, é un escritor español en lingua galega.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, doutorouse posteriormente en Tradución pola Universidade Federal de Santa Catarina. Ademais fixo estadías de investigación en Pisa e Montpellier. Foi profesor de lingua española na Universidade Federal do Paraná, en Curitiba. Dende 2022 vive en Múnic, Baviera (Alemaña), e continúa a ensinar as linguas románicas na Ludwig-Maximilians-Universität.

Como investigador ten publicado artigos sobre lingüística ou estudos culturais en publicacións internacionais.

Durante a súa mocidade viviu un tempo en Santiago de Compostela e Ourense.

Obra Crónicas córnicas (2016). Vigo: Edicións Xerais), finalista do Premio Xerais de novela. 280 páxs. ISBN 978-84-9121-117-4. ePub: ISBN 978-84-9121-116-7. Unha saca de patacas (2023). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-364-0. ePub: ISBN 978-84-1110-372-5. Como investigador De la creación de «vuestra merced» a la desaparición de «tú»: Un estudio contrastivo de los pronombres de tratamiento en las lenguas iberorrománicas (2012). Editorial Académica Española. Línguas em português: a Lusofonía numa visão crítica (2020). U. Porto-Press. Português língua não materna: contextos, estatutos e práticas de ensino numa visão crítica (2022). U. Porto-Press.

Notas

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Galegos de Madrid Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes