Stefan Marius Johansen, nado en Vardø o 8 de xaneiro de 1991, é un futbolista internacional noruegués que xoga como centrocampista para o Fulham.
Traxectoria Bodø/Glimt Aos catorce anos entrou no FK Bodø/Glimt. Entrou no primeiro equipo en 2007 canda Anders Ågnes Konradsen e debutou na primeira rolda da Copa de Noruega dese ano contra o Hammerfest. Johansen xogou seis partidos na Adeccoligaen cando o Bodø/Glimt subiu á máxima categoría, a Tippeligaen en 2007, e non foi ata o 10 de agosto de 2008 cando se estreou na Tippeligaen nun encontro contra o Viking substituíndo a Jan Derek Sørensen no minuto 85."Stefan Johansen" . altomfotball.no (noruegués)
Na tempada 2009 fixo catro aparicións, xogando regularmente na Adeccoligaen na tempada seguinte. Recibiu ofertas do Tromsø, Fredrikstad e Aalesund para firmar finalmente co Strømsgodset en decembro de 2010, incorporándose ao club o 1 de xaneiro de 2011. Johansen xogou 18 partidos na Adeccoligaen na súa última tempada en Bodø/Glimt.
Strømsgodset A súa primeira actuación co Strømsgodset foi contra o Sogndal no minuto 80 substituíndo a Fredrik Nordkvelle. Na súa primeira tempada co Strømsgodset, Johansen fixo 13 aparicións na liga e marcou un gol. No partido contra o Sandnes Ulf o 16 de maio de 2012, Johansen marcou un gol e no 5–0 contra o Fredrikstad o 27 de maio de 2012, Johansen volveu marcar outro gol. Tras a volta de Mohammed Abu ao Manchester City, converteuse en xogador regular no equipo principal e en agosto de 2012 gañou o premio Statoil ao talento. En 2013, Johansen axudou ao Stromsgodset a gañar o seu primeiro primeiro título de liga en 43 anos e votárono como o centrocampista do ano na liga norueguesa."Kniksenprisen" , Norsk Toppfotball
Celtic O 15 de xaneiro de 2014, pasou ao celtic para xogar na Scottish Premiership por unha transferencia de 2 millóns £. Johansen firmou por tres anos e medio co club, converténdose no cuarto noruegués en xogar co Celtic tras Harald Brattbakk, Vidar Riseth e Thomas Rogne. Levou o número 25, coma levaran anteriormente Ľubomír Moravčík e Shunsuke Nakamura.
O 26 de xaneiro de 2014 xogou o seu primeiro partido co Celtic, nunha vitoria 4–0 contra o Hibernian xogando como substituto os últimos cinco minutos."Stefan Johansen fikk Celtic-debuten", Aftenposten, 26 de xaneiro de 2014 O seu primeiro gol co equipo fíxoo o 22 de marzo de 2014 contra o St. Mirren, abrindo o marcador que quedou finalmente nun 3–0.
Fulham O 26 de agosto firmou co Fulham."Johansen Arrives - Fulham Football Club". fulhamfc.com
Carreira internacional Johansen fixo o seu debut con Noruega o 8 de agosto de 2006 no equipo sub-15 contra Polonia. Posteriormente representou a Noruega en todos os niveis ata o sub-23. Participou na Eurocopa sub-21 de 2013 chegando á semifinal onde perdeu cn España.
Na selección absoluta xogou 15 veces, e marcou o seu primeiro gol no seu debut, contra Suecia en Estocolmo o 14 de agosto de 2014."Stromsgodset confirm Celtic interest in midfielder Stefan Johansen" STV, 9 de xaneiro de 2014."Stefan Johansen" National Football Teams
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Xogadores do Celtic FC Categoría:Xogadores do Fulham FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Nados no condado de Troms og Finmark Categoría:Xogadores do Strømsgodset IF