Jorge Miguel Cocom Pech, nado en Calkiní, Campeche, México o 7 de marzo de 1952, é un escritor mexicano en maia iucateco.

Traxectoria Estudou maxisterio e é profesor de educación secundaria. Na década de 1970 fundou con Ramón Iván e Miguel Anxo Suárez Caamal, Waldemar Noh Tzec e César Víctor May Tun o grupo literario Génali de Calkiní.Donativo al grupo literario “Génali”

En 2001, o Centro de Estudos Maias da Universidade Nacional Autónoma de México e o Tribunal Superior de Xustiza do Estado de Quintana Roo, editaron a súa obra Muk’ult’an in Nool. Secretos del abuelo texto bilingüe contemporáneo que abrangue breves relatos da tradición oral maia, que se traduciu integramente ao francés e italiano. Algúns ;fragmentos desta obra tamén se traduciron ao mam, zapoteco e náhuatl, así como ao inglés, romanés, catalán, serbio, árabe e ruso.Poetas en las Naciones Originarias

De 2002 a 2005 foi presidente da asociación de escritores en linguas indíxenas, A.C., asociación  que xunta a poetas, narradores, dramaturgos e ensaístas das linguas indíxenas de México.

Escribiu poesía, prosa poética, crítica literaria, ensaios, editoriais, narrativa e columnas política en xornais e revistas de Quintana Roo. Ademais publicou para a Revista da Universidade Nacional Autónoma de México; en Cultura Sur e Tierra Dentro, publicacións auspiciadas polo Consello Nacional para a Cultura e as Artes; e en Hojas de Utopía, Nuni, País del Sol, Prometeo (Colombia) entre outras publicacións.Jorge Miguel Cocom Pech

Antoloxías Ritual de prodigios, en Diem Septimus, México, 1995. El poder de un grano de maíz; la prueba del aire y la prueba del sueño, en Leyendas Mexicanas, Editorial Everest, España, 1998. Un cazador de auroras, en Prometeo, Revista latinoamericana de poesía, No. 59-60, Medellín, Colombia, 2001. Conjuro para que recuerdes tus sueños, Poesía étnica, Antología de poetas de América, Revista Casa Silva, No. 15, 2002, Bogotá, Colombia, 2001. U náajil a pixán, La casa de tu alma, en el Despertar de nuestras lenguas, Queman tlachtixque totlahtolhuan, Natalio Hernández, Diana, México, 2002. Retórica en los libros del Chilam Balam de Chumayel y Tuzik, en La Palabra Florida, Helena Beristain e Gerardo Ramírez Vidal, Instituto de Investigaciones Filológicas, UNAM, México, 2004. U náajil a pixán, La casa de tu alma, en Noezuia, Belgrado, Yugoeslavia, 2004. Paznicul cuvintelor, poesys 8, Antología Festivalului International "Noptile de poezie" da Curtea de Arges, Bucarest, Romanía, 2004. Poesía maya, en Voci de Antiche Radici, Dieci poeti indigini del Mexico, Elvira Dolores Maison, Hamerle Editori, Trieste, Italia, 2005. Cazador de auroras, en La Reina Roja. El secreto de los mayas de Palenque, Adriana Malvido, CONACULTA, INAH, Plaza & Janés, México, 2006. Raíces literarias del México Antiguo, en Galerna No. 4, Revista Internacional de Literatura, Montclair University, USA, 2006. Antología Poética III, Festival Mundial de Poesía Venezuela, 2006, Fundación Editorial El perro y la rana, Caracas, Venezuela, 2006. Poetas del Camino Real, Colección Nuestra Tierra, Compilación Santiago Canto, Universidade Autónoma de Campeche, Campeche, 2008.

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados no estado de Campeche Categoría:Escritores de México Categoría:Escritores en lingua maia iucateca