Martin Ødegaard, nado en Drammen o 17 de decembro de 1998, é un futbolista profesional noruegués que xoga como centrocampista ofensivo no Arsenal FC da Premier League inglesa e na selección noruega.

Traxectoria Ødegaard xogou durante os seus primeiros anos no club local Drammen Strong. Seu pai Hans Erik Ødegaard, un ex-futbolista, fora un dos fundadores da sección de fútbol e foi adestrador do equipo de seu fillo..

En 2009 Ødegaard entrou na sección xuvenil do Strømsgodset, adestrando e xogando con nenos máis vellos ca el, e mais tamén xogou co equipo do condado de Buskerud desde 2010. miniatura|285x285px|Ødegaard durante o seu debut con Noruega na clasificación para a Eurocopa 2016 contra Bulgaria en 2014

Strømsgodset Ødegaard comezou a adestrar co primeiro equipo en 2012 con trece anos e xogou o seu primeiro partido nun amigable contra o Mjøndalen IF. Na tempada 2013 xogou tanto no equipo xuvenil como no terceiro equipo do club, que xogaba na quinta división norueguesa.

En xaneiro de 2014 Ødegaard, daquela con quince anos, entrou formalmente no primeiro equipo pero sen asinar contrato profesional non obstante a Tippeligaen establecer que os xogadores debían ter un, polo que se incluíu a Ødegaard na "lista B" para xogadores afeccionados que poden xogar ata tres partidos por tempada. Por mor dos estudos adestraba co seu pai no Mjøndalen IF dúas veces á semana nos seráns.

Debutou na liga co Strømsgodset nun partido contra o Aalesunds FK o 13 de abril de 2014, converténdose no xogador máis novo en xogar na Tippeligaen. O 5 de maio asinou un contrato profesional co Strømsgodset, con duración ata o remate de 2015. Once días máis tarde marcou o seu primeiro gol como profesional e ao marcar o cuarto gol nun 4-1 contra o Sarpsborg 08 FF converteuse no goleador máis novo da Tippeligaen. Fixo o seu debut europeo o 16 de xullo, substituíndo a Lars Christopher Vilsvik nos últimos cinco minutos contra o Steaua Bucureşti na segunda rolda calsificatoria da Liga de Campións da UEFA. O Strømsgodset finalizou cuarto na liga, cualificándose para a primeira rolda da UEFA Europa League, e Ødegaard marcou 5 goles en 23 partidos de liga ademais de lograr 7 asistencias. miniatura|O pai de Ødegaard aprendeulle a manter o balón preto dos pés para maximizar o control

Real Madrid O 21 de xaneiro de 2015, o Real Madrid fíxose con Ødegaard, segundo o acordo adestraría tanto co primeiro equipo como co Real Madrid Castilla pero xogaría na liga con este último equipo. O seu debut oficial co Castilla foi o 8 de febreiro, xogando os últimos 20 minutos como substituto nun 2–2 contra o Bilbao Atlético B na Segunda División B. O 21 de febreiro marcou o seu primeiro gol para o club nun 4–0 contra o Barakaldo CF no Estadio Alfredo di Stéfano. O 29 de abril formou parte do primeiro equipo contra a Unión Deportiva Almería por mor das baixas por lesións de Gareth Bale, Luka Modrić e Karim Benzema. Así e todo non chegou a xogar.

O 23 de maio fixo o seu debut co primeiro equipo do Real Madrid como substituto no minuto 58 de Cristiano Ronaldo nun 7–3 contra o Getafe CF. Foi o debutante máis novo na historia do club con 16 anos e 157 días. Na tempada 2015-16 foi xogador regular do Castilla e axudou a que o equipo fose o primeiro na competición. 

Carreira internacional Xogou coas seleccións xuvenís de Noruega e o 19 de agosto de 2014 convocárono para xogar coa selección absoluta cpmtra os Emiratos Árabes Unidos en Stavanger, xogou o encontro todo o 27 de agosto, converténdose no xogador máis novo en xogar coa selección absoluta, con 15 anos e 253 días, superando a Tormod Kjellsen, quen tiña 15 anos e 351 días no seu debut en 1910. Convocárono tamén para a clasificación para a Eurocopa de 2016 contra Malta e Bulgaria. Fixo o seu debut competitivo contra este último equipo, substituíndo a Mats Møller Dæhli no minuto 64 e que rematou cunha vitoria 2–1. Converteuse dese xeito con 15 anos e 300 días no xogador máis novo en xogar nun cualifiatorio dun campionato europeo batendo o rexistro que desde 1983 tiña o islandés Sigurður Jónsson.

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no condado de Buskerud Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Strømsgodset IF Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do SC Heerenveen Categoría:Xogadores do SBV Vitesse Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026