John Arne Semundseth Riise, nado en Molde o 24 de setembro de 1980, é un futbolista profesional noruegués.
Traxectoria Riise empezou a súa carreira profesional no Aalesund, e tras unha tempada no club marchou en 1998 ao Mónaco. Foi un compoñente regular no equipo que gañou a Ligue 1 na tempada 1999-2000. Vendido ao Liverpool por 4 millóns de £ no verán de 2001.
Liverpool miniatura|Riise xogando co Liverpool. Fixo o seu debut co Liverpool o 24 de agosto de 2001 na Supercopa de Europa de 2001 contra o FC Bayern München no estadio Lois II nun encontro que gañou o seu novo equipo por 3-2."Liverpool sink Bayern" BBC, 24 de agosto de 2001. Durante a tempada marcou goles decisivos contra o Arsenal, Everton, Newcastle United e Manchester United, en total foron dez os goles na súa primeira tempada co Liverpool.
Nas tempadas 2002-03 e 2003-04 tivo unha pobre actuación pero recobrou a súa forma na 2004-05 logo do nomeamento de Rafael Benítez como adestrador. Co seu equipo gañou a Liga de Campións da UEFA, proporcionando o asistencia do primeiro gol do Liverpool na final contra o Milan. Na final da Football League Cup de 2005 marcou no primeiro minuto do xogo, así e todo venceu finalmente o Chelsea por 3-2 despois dunha prórroga. Riise axudou a gañar a FA Cup de 2005-2006 marcando na semifinal contra o Chelsea e convertendo un penalti na final contra o West Ham. miniatura|Riise Competindo nun partido contra Everton.
Roma Ao longo da tempada 2007-08 a posición natural de Riise ocupouna a miúdo o brasileiro Fábio Aurélio.Reds pay tribute to exiting Riise BBC, 19 de xuño de 2008 E o 18 de xuño de 2008 Riise firmou por catro anos coa Roma. Riise converteuse axiña no favorito dos seareiros polo seu espírito de traballo duro que conduciu ao equipo a varias vitorias importantes. dereita|miniatura|200x200px|Riise xogando co Fulham en 2012
Fulham O 13 de xullo de 2011 o Fulham anunciou que Riise firmara por tres anos co club."Riise Signs" fulhamfc.com, 13 de xullo de 2011 Riise xuntouse co seu irmán, Bjørn Helge Riise, que se incorporara ao club en 2009."B H Riise Signs" fulhamfc.com, 22 de xullo de 2009]. Riise debutou co Fulham o o 21 de xullo de 2011, na UEFA Europa League contra os Crusaders en Craven Cottage.
APOEL O 1 de setembro de 2014 Riise firmou por un ano con opción a outro máis co APOEL chipriota"Σύναψη Συμφωνίας με John Anre Riise" apoelfc.com (en grego), 1 de setembro de 2014 Fixo o seu debut oficial o 20 de setembro de 2014 cunha vitoria 3-1 contra o Ayia Napa.Α.Ο. ΑΓΙΑΣ ΝΑΠΑΣ 1-3 ΑΠΟΕΛ[A.O. Agia Napa 1-3 APOEL] apoelfc.com (en grego). O seu primeiro gol para o seu novo equipo marcouno o 11 de xaneiro de 2015, abrindo o marcador nunha derrota 1-2 contra o AEL Limassol."ΑΕΛ 2-1 ΑΠΟΕΛ" apoelfc.com (en grego). O 24 de maio de 2015, APOEL asegurou a súa terceira liga chipriota consecutiva logo de derrotar o Ermis Aradippou 4-2, e Riise celebrou o seu segundo trofeo dun campionato de liga da súa carreira, 15 anos despois de gañar a liga francesa co Mónaco."APOEL secure league to wrap up Cypriot double" UEFA.com, 24 de maio de 2015.
Delhi Dynamos O 24 de agosto de 2015, entrou na Superliga da India, da man do Delhi Dynamos."Delhi Dynamos confirm the signing of John Arne Riise for the Indian Super League". sportskeeda.com. 25 August 2015
Aalesund O de 11 de marzo de 2016 Riise anunciou na súa páxina de Twitter a súa firma co Aalesunds FK, no que sería a volta ao club no que empezara a súa carreira pero non chegou a xogar co equipo ao anunciar a súa retirada temporal do fútbol profesional por unha perda de motivación.
Chennaiyin F.C. O 18 de agosto de 2016, Riise volveu do seu retiro para xogar co Chennaiyin FC.Chennaiyin FC sign John Arne Riise as marquee player The Indian Express, 18 de agosto de 2016
Carreira internacional Riise debutou coa seleción de Noruega nun encontro contra Islandia o 31 de xaneiro de 2000. O seu primeiro gol foi contra Turquía nun partido amigable o 23 de febreiro de 2000, no que o seu equipo venceu por 2-0. Participou na Eurocopa de 2000 pero como reserva, sen chegar a xogar. O 15 de agosto de 2012 xogou o seu 104.º"– Ikke lett å oppnå 104 landskamper" NRK, 15 de agosto de 2012 partido coa selección norueguesa igualando a marca de Thorbjørn Svenssen como xogador máis convocado. Antes de retirarse do fútbol internacional en 2013 superou a marca con 110 encontros. Notas
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do APOEL FC Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Delhi Dynamos FC Categoría:Xogadores do Fulham FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Nados no condado de Møre og Romsdal Categoría:Xogadores do Aalesunds FK Categoría:Xogadores do Chennaiyin FC Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA