O LIG4 é un xene humano situado no cromosoma 13 que codifica a proteína ADN ligase IV (tamén chamada LIG4 ou Lig4).
Función
A proteína codificada por este xene é unha ADN ligase dependente de ATP que une as roturas de dobre febra durante o proceso de reparación por unión de extremos non homólogos. Tamén é esencial para a recombinación V(D)J. A Lig4 forma un complexo con XRCC4, e despois interacciona coa proteína quinase dependente do ADN (DNA-PK) e XLF/Cernunnos, que son tamén necesarias para a NHEJ. Resolveuse a estrutura cristalina do complexo Lig4/XRCC4. Os defectos no xene LIG4 son a causa da síndrome LIG4. O homólogo en lévedos de Lig4 é Dnl4.
Síndrome LIG4
En humanos, a deficiencia de ADN ligase 4 ten como resultado unha condicións clínica chamada síndrome LIG4. Esta síndrome está caracterizada por sensibilidade á radiación celular, retardo do crecemento e do desenvolvemento, microcefalia, dismorfismos faciais, incremento da disposición a padecer leucemia, graos variables de inmunodeficiencia e redución do número de células sanguíneas.
Envellecemento por causa das células nai hematopoéticas A acumulación de danos no ADN orixina o esgotamento de células nai e considérase un importante aspecto no envellecemento.Bernstein H, Payne CM, Bernstein C, Garewal H, Dvorak K (2008). Cancer and aging as consequences of un-repaired DNA damage. In: New Research on DNA Damages (Editors: Honoka Kimura and Aoi Suzuki) Nova Science Publishers, Inc., New York, Chapter 1, pp. 1-47. open access, but read only https://www.novapublishers.com/catalog/product_info.php?products_id=43247 ISBN 1604565810 ISBN 978-1604565812 A deficiencia de Lig4 en células nai pluripotentes altera a unión de extremos non homólogos (NHEJ) e causa a acumulación de roturas de dobre febra no ADN e potencia a apoptose. A deficiencia de Lig4 en ratos causa unha perda progresiva de células nai hematopoéticas e de celularidade na medula ósea durante o envellecemento. A sensibilidade das células nai hematopoéticas á deficiencia de Lig4 suxire que a NHEJ mediada por Lig4 é un determinante clave da capacidade das células nai de manterse co tempo fronte aos estreses fisiolóxicos.
Interaccións
A Lig4 presenta interaccións con XRCC4 por medio do seu dominio BRCT. Esta interacción estabiliza a proteína Lig4 nas células; as células que son deficientes en XRCC4, como as células XR-1, teñen niveis reducidos de Lig4.
Mecanismo A proteína Lig4 é unha ADN ligase dependente do ATP. A Lig4 usa o ATP para adenilarse a si mesma e despois transfire o grupo AMP ao fosfato 5' dun extremo do ADN. Prodúcese un ataque nucleofílico polo grupo hidroxilo 3' dun segundo extremo do ADN e libera o AMP e orixina o produto de ligazón. A adenilación de Lig4 é estimulada por XRCC4 e o XLF.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xenética