miniatura|160px|Escudo de Xosé II, último Rei de romanos.

Rei de romanos (en latín: Rex Romanorum) foi o título utilizado por Siagrio, e máis adiante polo rei alemán seguindo a súa elección polos príncipes-electores desde a época do Emperador Henrique II (1014-1024) en adiante. Este título supoñía unha reclamación para ser elixido Sacro Emperador Romano, e dependía da coroación polo papa.

Orixe A unción e coroación imperial de Lois II en abril de 850, asentou unha constante ao longo do medievo, de que tales ritos só podería facelos o papa, e en Roma, incluso se o rei xa fora unxido previamente. En 855, coa abdicación e morte do emperador Lotario I, Lois II, que por entón xa era rei de Italia, non obtivo territorios ao norte dos Alpes na repartición efectuada por Lotario I. Ao quedar como soberano italiano, o título imperial quedou confinado en Italia e o rei encargado da defensa do papado, do que resultou, tras a morte de Lois II, que o propio papado se arrogou a iniciativa de designar ao emperador.

Este principio, de que só o papa podía coroar o emperador, e que o emperador era o protector da Igrexa romana, que se estableceu no período carolinxio, continuou a partir do século X cando Odón I reclamou ao papa o recoñecemento do seu status político. Odón I empregou o título de Imperator Augustus, e foron o seu fillo Odón II e o seu neto Odón III os que decantaron a afirmación do Imperio centrada en Roma, e manifestada definitivamente a través da súa intitulación como Romanorum Imperator Augustus en 982.

Porén, o papa era o que en último lugar podía coroar o soberano alemán como emperador; o soberano alemán era potencialmente un emperador e podían pasar anos antes de levarse a cabo a coroación imperial, co que os soberanos alemáns debían conformarse co título de rex. O vínculo entre os reis alemáns coa coroa imperial foi reforzado con Conrado II ao intitularse como designado para a coroa imperial dos romanos, Imperium designatus Romanorum, sendo xa rei de Alemaña e de Italia. Finalmente, foi Henrique III cando se estableu a conexión entre o seu título real e a coroa imperial cando emitiu un diploma o 14 de xaneiro de 1040 onde, por primeira vez, apareceu a expresión Romanorum Rex (Rei de romanos). O uso deste termo foi estendéndose máis frecuentemente e estableceuse de forma máis permanente con Henrique V, coa intención de contrarrestar a designación pexorativa e limitada de Rex Teutonicorum coa que o papa se refería a el durante a Querela das Investiduras.

Significado O Rei de romanos pode ser considerado como un emperador electo en espera de ser coroado como tal en Roma, ou como o herdeiro do emperador designado en vida do propio emperador. Isto é, o Rei de romanos podería ser o herdeiro dun emperador ou un soberano do Sacro Imperio en exercicio en «espera de coroación» e que se intitularía emperador cando fose coroado polo papa en Roma. O rei de Romanos intitulábase como Romanorum Rex semper Augustus antes de ser coroado Romanorum Imperator semper Augustus polo papa —até o ano 1508—.

Un emperador xa coroado desexoso de transmitir o seu trono á súa descendencia nunha monarquía electiva, facía elixir o seu sucesor durante o seu reinado pola súa propia iniciativa, co consentimento dos Príncipes Electores e de acordo coas provisións da Bula de Ouro de 1356. Deste modo, á morte do emperador, había xa un rei que o sucedía inmediatamente, sen requirir outra coroación ou Wahlkapitulation, posto que xa fora xurada unha capitulación; así evitábase un trono vacante e conflitos de intereses nunha nova elección. Este sucesor tomaba o título de Rei de romanos e coroábase en Aquisgrán ou en Frankfurt, e non interviña no goberno salvo incapacidade do emperador ou que este renunciase ás súas responsabilidades (como fixeron Maximiliano I durante o reinado do emperador Frederico III ou Fernando I durante o reinado do emperador Carlos V), a súa única función era ser o vigairo xeral do Imperio.

Se á morte do emperador non había ningún Rei de romanos electo, entón facíase necesaria unha elección por electores, acorde coas provisións da Bula de Ouro de 1356. Durante a vacancia no trono, a autoridade era exercida por dous vigairos imperiais: o conde palatino do Rin (Pfalzgraf bei Rhein) e o duque de Saxonia (Herzog von Sachsen).

Desde o ano 1508, o Rei de romanos Maximiliano I intitulose, co consentimento do papa Xulio II, como emperador electo (Erwählter Römischer Kaiser), co que xa non necesitaba ser coroado polo papa, senón que bastaba coa coroación nos seus territorios. Así, a posición do Rei de romanos quedou limitada a ser o herdeiro electo en vida do emperador, que automaticamente pasaba a ser emperador electo á morte do seu predecesor sen necesidade doutra cerimonia.

Lista dos reis dos Romanos

Nota: con fondo amarelo, os reis de Romanos que foron coroados emperadores do Sacro Imperio.

Rei de romanos Dinastía Elección / Coroación<p>como Rei de romanos FinalHenrique VSalia10 de maio de 1098 / 6 de xaneiro de 109913 de abril de 1111 Coroación imperial Lotario IISupplinburgo24 de agosto de 1125 / 30 de agosto de 11254 de xuño de 1133 Coroación imperialConrado III rei rivalHohenstaufen18 de decembro de 1127 Elección como rei rivalSetembro de 1135 Renuncia Conrado IIIHohenstaufen7 de marzo de 1138 / 13 de marzo de 113815 de febreiro de 1152 †Henrique BerenguerHohenstaufenMarzo de 1147 / 30 de marzo de 1147Agosto de 1150 † Frederico IHohenstaufen5 de marzo de 1152 / 9 de marzo de 115218 de xuño de 1155 Coroación imperial Henrique VIHohenstaufenXullo de 1169 / 15 de agosto de 116915 de abril de 1191 Coroación imperialFrederico IIHohenstaufen25 de decembro de 1196 Primeira elección como Rei de romanos6 e 8 de marzo de 1198Elección de Filipe de SuabiaMilman, Henry Hart (1880), History of Latin Christianity: including that of the popes to the pontificate of Nicolas V, Volume 5, Ed. Armstrong, páxs.203-204 Filipe de SuabiaHohenstaufen6 e 8 de marzo de 1198 / 8 de setembro de 1198 (Primeira coroación) e 6 de xaneiro de 1205 (Segunda coroación)21 de agosto de 1208 †Odón IV rei rivalGüelfa9 de xuño de 1198 / 12 de xullo de 1198Recoñecido como lexítimo Rei de romanos Odón IVGüelfa22 de setembro de 1208 e 11 de novembro de 1208 Segunda elección como lexítimo Rei de romanos4 de outubro de 1209 Coroación imperialFrederico II rei rivalHohenstaufenNovembro de 1211 e 5 de decembro de 1212 Segunda elección (como rei rival) / 9 de decembro de 1212 Primeira coroación (como rei rival)Recoñecido como lexítimo Rei de romanos Frederico IIHohenstaufen25 de xullo de 1215 Segunda coroación como lexítimo Rei de romanos22 de novembro de 1220 Coroación imperialHenriqueHohenstaufen23 de abril de 1220 / 8 de maio de 12224 de xullo de 1235 DepostoHenrique Raspe rei rivalLudowinger22 de maio de 1246 Elección como rei rival16 de febreiro de 1247 † Conrado IVHohenstaufenFebreiro e xullo de 1237 Elixido e confirmado, pero non coroado21 de maio de 1254 †Guillerme de Holanda rei rivalHolanda3 de outubro de 1247 / 1 de novembro de 124828 de xaneiro de 1256 † Ricardo de CornuallaPlantagenet13 de xaneiro de 1257 / 17 de maio de 12572 de abril de 1272Afonso de Castela rei rivalBorgoña1 de abril de 1257 Elixido rei rival pero non coroadoMaio de 1275 Renuncia Rodolfo IHabsburgo29 de setembro de 1273 / 24 de outubro de 127315 de xullo de 1291 † Adolfo de NassauNassau5 de maio de 1292 / 24 de xuño de 129223 de xuño de 1298 Deposto / 2 de xullo de 1298 † Alberte IHabsburgo24 de xuño e 27 de xullo de 1298 / 24 de agosto de 12981 de maio de 1308 † Henrique VIILuxemburgo27 de novembro de 1308 / 6 de xaneiro de 130929 de xuño de 1312Coroación imperial Lois IVWittelsbach20 de outubro de 1314 / 25 de novembro de 131417 de xaneiro de 1328 Coroación imperialFrederico de Habsburgo rei rivalHabsburgo19 de outubro de 1314 / 25 de novembro de 13145 de setembro de 1325 Tratado de TrausnitzFrederico de HabsburgoHabsburgo7 de xaneiro de 1326 Rei de romanos correxgente polo tratado de Ulm13 de xaneiro de 1330 †Carlos IV rei rivalLuxemburgo11 de xullo de 1346 / 26 de novembro de 1346Recoñecido como lexítimo Rei de romanos Günther de Schwarzburg rei rivalSchwarzburg30 de xaneiro de 1349 / 6 de febreiro de 1349 26 de maio de 1349 Renuncia polo tratado del EltvilleCarlos IVLuxemburgo17 de xuño de 1349 / 25 de xullo de 1349 Segunda elección / coroación como lexítimo Rei de romanos5 de abril de 1355 Coroación imperial VenceslauLuxemburgo10 de xuño de 1376 / 6 de xullo de 137620 de agosto de 1400 Deposto Frederico de Brunswick-Lüneburg rei rivalGüelfa22 de maio de 1400 Elixido rei rival5 de xuño de 1400 † Roberto do PalatinadoWittelsbach21 de agosto de 1400 / 6 de xaneiro de 140118 de maio de 1410 SexismundoLuxemburgo20 de setembro de 1410 e 21 de xullo de 1411 / 8 de novembro de 141431 de maio de 1433 Coroación imperialJobst de Moravia rei rivalLuxemburgo1 de outubro de 1410 Elixido rei rival8 de xaneiro de 1411 † Alberte IIHabsburgo18 de marzo de 1438 Elixido pero non coroado como Rei de romanos27 de outubro de 1439 † Frederico IIIHabsburgo2 de febreiro de 1440 / 17 de xuño de 144219 de marzo de 1452 Coroación imperial Maximiliano IHabsburgo16 de febreiro de 1486 / 9 de abril de 14864 de febreiro de 1508 e 6 de febreiro de 1508 Recoñecemento e coroación como Emperador electo Carlos VHabsburgo28 de xuño de 1519 / 23 de outubro de 152026 de outubro de 1520 Recoñecemento como Emperador electo Fernando IHabsburgo5 de xuño de 1531 / 11 de xaneiro de 153124 de marzo de 1558Coroación como Emperador electo Maximiliano IIHabsburgo28 de novembro de 1562 / 30 de novembro de 156225 de xullo de 1564 Recoñecemento como Emperador electo Rodolfo IIHabsburgo27 de outubro de 1575 / 1 de novembro de 157512 de outubro de 1576Recoñecemento como Emperador electo Fernando IIIHabsburgo22 de decembro de 1636 / 30 de decembro de 163615 de febreiro de 1637Recoñecemento como Emperador electoFernando IVHabsburgo31 de maio de 1653 / 18 de xuño de 16539 de xullo de 1654 † Xosé IHabsburgo23 de xaneiro de 1690 / 26 de xaneiro de 16905 de maio de 1705Recoñecemento como Emperador electo Xosé IIHabsburgo-Lorena27 de marzo de 1764 / 3 de abril de 176418 de agosto de 1765Recoñecemento como Emperador electo

Outras mencións Rex Romanorum foi tamén o título co que os bárbaros xermanos invasores do Imperio romano denominaron o territorio da Galia, aínda non xermanizado, sobre o que gobernaba Siagrio (464-486).

Durante o Imperio de Oriente (Imperio romano de Oriente), cuxa capital era Constantinopla, usábase a lingua grega, e para utilizar o termo latino imperator (emperador) facían referencia á palabra basileus (rei), aínda que o monarca levaba o título de Βασιλεύς των Ρωμαίων (Basileús tōn Rōmaniōn), é dicir: "Rei de romanos".

A Napoleón II outorgóuselle por nacemento o título de Rei de Roma, a instancias do seu pai o emperador de Francia Napoleón I o 17 de febreiro de 1810.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía The London magazine, and monthly chronologer, ed. Edward Ekshaw, 1741 George Sale, George Psalmanazar, Archibald Bower, John Campbell, George Shelvocke, John Swinton, An Universal history, from the earliest accounts to the present time, Volumen 50, Printed for C. Bathurst, 1783 Helmut Beumann (1995): "Rex Romanorum", en: Lexikon des Mittelalters, tomo VII. Múnic: LexMA-Verlag. ISBN 3-7608-8907-7.

Outros artigos Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano

Ligazóns externas Royal Styles . Consultada o 14 de outubro de 2016.

Categoría:Sacro Imperio Romano Xermánico Categoría:Títulos nobiliarios Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Austria Categoría:Historia de Europa Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Historia moderna de Italia