Escuadrón Suicida (en inglés, Suicide Squad) é un filme estadounidense de superheroes baseado no equipo de antiheroes de DC Comics Suicide Squad. É o terceiro filme do universo DC Extended Universe. O filme foi escrito e dirixido por David Ayer e está protagonizado por Will Smith, Jared Leto, Margot Robbie, Joel Kinnaman, Viola Davis, Jai Courtney, Jay Hernandez, Adewale Akinnuoye-Agbaje, Ike Barinholtz, Scott Eastwood e Cara Delevingne. En Suicide Squad, unha axencia secreta do goberno liderada por Amanda Waller recruta a super villanos encarcerados para levar a cabo misións e salvar o mundo dunha grande ameaza, en troques de reducir as súas condenas. O desenvolvemento do filme comezou no 2009, por Warner Bros. Pictures. Ayer asinou para escribir e dirixir en setembro de 2014, e en outubro, comezou o proceso de casting. A fotografía principal comezou o 13 de abril de 2015, en Toronto, Ontario, con rodaxes adicionais en Chicago, Illinois, e rematou en agosto dese mesmo ano.

Escuadrón Suicida estreouse en Nova York o 1 de agosto de 2016 e foi estreado nos Estados Unidos o 5 de agosto de 2016, en 2D, 3D e IMAX 3D. Despois dun gran comezou que estabeleceu novos récords de recadación, o filme conseguiu máis de $743 millóns en todo o mundo; converténdose no oitavo filme con máis recadación de 2016. Recibiu críticas negativas, que consideraron a trama confusa, a dirección axitada e as personaxes mal escritas. Malia isto, a interpretación de Margot Robbie foi eloxiada.

Emitiuse en galego o 29 de xullo de 2020 na TVG. O director de dobraxe foi Antón Rubal e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada.

Personaxes

Will Smith como Floyd Lawton / Deadshot Voz da dobraxe galega de Matías Brea. Jared Leto como Joker Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández. Margot Robbie como Harleen Quinzel / Harley Quinn Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo. Joel Kinnaman como Rick Flag Viola Davis como Amanda Waller Voz da dobraxe galega de Charo Pena. Jai Courtney como George "Digger" Harkness / Capitán Boomerang Jay Hernandez como Chato Santana / El Diablo Adewale Akinnuoye-Agbaje como Waylon Jones / Killer Croc Cara Delevingne como June Moone / Enchantress Karen Fukuhara como Tatsu Yamashiro / Katana Ike Barinholtz como Griggs Scott Eastwood como GQ Edwards Adam Beach como Christopher Weiss / Slipknot

Ben Affleck e Ezra Miller recuperan os seus papeis de Batman contra Superman: O amencer da xustiza como Bruce Wayne / Batman e Barry Allen / Flash, respectivamente.

Futuro A escena de crédito medio do filme leva ao filme de 2017 A Liga da Xustiza. Ademais, houbo varios spin-offs e secuelas anunciadas en fase de desenvolvemento:

Secuela En febreiro de 2019, confirmouse que Margot Robbie repetiría o seu papel de Harley Quinn. En marzo de 2019, The Hollywood Reporter anunciou que Idris Elba foi elixido como Deadshot, en substitución de Will Smith, que abandonou debido a conflitos de programación. En abril de 2019, David Dastmalchian e Daniela Melchior foron elixidos como Polka-Dot Man e Ratcatcher, mentres que John Cena estaba en conversacións para o papel de Peacemaker.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2016 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por David Ayer Categoría:Filmes de artes marciais Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes de Atlas Entertainment Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes ambientados en 2016 Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego