Mateu de París (en latín: Matthæus Parisiensis), nado ca. 1200 e finado en 1259, foi un monxe beneditino e historiador inglés, que viviu na abadía de St Albans en HertfordshireVaughan, Richard: Matthew Paris. Cambridge University Press, 1984. p. I ISBN 978-0521066716.
Traxectoria A pesar do seu nome e do seu coñecemento do francés, naceu en Inglaterra, aínda que quizais estudou en París.
Continuou a redacción da Chronica Majora, onde dá unha visión negativa da política rexia, mentres que na súa obra abreviada, a Historia Anglorum (escrita cara a 1253), as pasaxes críticas foron expurgadas. Foi un vehemente defensor das ordes monásticas fronte ao clero secular e os mendicantes. Tamén resulta rechamante a franqueza coa que critica á corte pontificia.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Finados en 1259 Categoría:Historiadores