David Pérez Pallas, nado en Vigo o 24 de agosto de 1987, é un exárbitro de fútbol galego.

Traxectoria A súa relación co fútbol comezou ao xogar no CD Valladares xa de neno, pero abandonou a práctica competitiva na mocidade, para prepararse como árbitro. Afiliado ao colexio galego, despois de tres tempadas en Terceira División, no ano 2010 ascendeu a Segunda División B e só dous anos máis tarde, en 2012, ascendeu a Segunda División, categoría na que arbitrou durante sete campañas. Debutou na categoría nun Guadalajara - Girona e dirixiu un total de 144 encontros en Segunda.

En 2019 pasou a traballar como árbitro VAR en Segunda, labor que realizou ata que en maio de 2023 foi cesado xunto a outros cinco colexiados pola Federación Española de Fútbol e polo Comité Técnico de Árbitros.

Vida persoal Estudou Telecomunicacións na Universidade de Vigo.

Notas

Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes