A proteína de reparación de roturas de dobre febra no ADN MRE11A é unha proteína que en humanos está codificada no xene MRE11A do cromosoma 11, con función de nuclease.
Función
Este xene codifica unha proteína nuclear implicada na recombinación homóloga, mantemento da lonxitude dos telómeros, e reparación das roturas de dobre febra no ADN. A proteína ten de seu unha actividade de exonuclease 3'-5' e de endonuclease. A proteína forma un complexo con RAD50 (o homólogo de Rad50); este complexo cómpre para realizar a unión non homóloga de extremos do ADN e posúe actividades incrementadas de endonuclease de febras simples de ADN e de exonuclease 3' a 5'. En conxunción cunha ADN ligase, esta proteína promove a unión de extremos non complementarios in vitro usando curtas homoloxías preto dos extremos dos fragmentos de ADN. Este xene ten un pseudoxene no cromosoma 3. O empalme alternativo dos transcritos deste xene orixina dúas variantes de transcrición que codifican diferentes isoformas.
Ortólogos de MRE11A Mre11 é un ortólogo do MRE11A humano que aparece na arquea Sulfolobus acidocaldarius. Neste organismo a proteína Mre11 interacciona coa proteína Rad50 e parece ter un papel activo na reparación de danos no ADN introducidos experimentalmente por radiación gamma. De xeito similar, durante a meiose no protista eucariota Tetrahymena Mre11 é necesario para a reparación de danos no ADN, que neste caso son roturas de dobre febra, por medio dun proceso que probablemente implica recombinación homóloga. Estas observacións indican que a MRE11A humana descende de proteínas Mre11 ancestrais de procariotas e protistas, que desempeñaban un papel nos procesos temperáns de repaación dos danos no ADN.
Sobreexpresión de MRE11 no cancro A MRE11 ten un papel na reparación por unión de extremos mediada por microhomoloxía (MMEJ) das roturas de dobre febra. É un dos 6 encimas requiridos para esta vía de reparación do ADN tendente ao erro. A MRE11 é sobreexpresada en cancros de mama.
Os cancros son moi a miúdo deficientes na expresión dun ou máis xenes de reparación do ADN, pero a sobreexpresión dun xene de reparación do ADN é menos usual no cancro. Por exemplo, polo menos 36 encimas de reparación do ADN, cando son mutacionalmente defectuosos en células da liña xerminal, causan un incremento do cancro (síndromes cancerosas hereditarias ou familiares).Bernstein C, Prasad AR, Nfonsam V, Bernstein H. (2013). DNA Damage, DNA Repair and Cancer, New Research Directions in DNA Repair, Prof. Clark Chen (Ed.), ISBN 978-953-51-1114-6, InTech, http://www.intechopen.com/books/new-research-directions-in-dna-repair/dna-damage-dna-repair-and-cancer Igualmente, polo menos 12 xenes de reparación do ADN están frecuentemente reprimidos epixeneticamente nun ou máis cancros. Xeralmente, a expresión deficiente dos encimas de reparación do ADN orixina un incremento de danos no ADN non reparados, os cales, por medio de erros de replicación (síntese translesión), orixinan mutacións e cancro. Porén, a reparación MMEJ mediada por MRE11 é moi inexacta, polo que neste caso, é a sobreexpresión, en troques da subexpresión, a que aparentemente leva a aparición de cancros.
Interaccións MRE11A presenta interaccións con: ATM, BRCA1, Ku70, MDC1, NBN, Rad50, e TERF2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Recombinación homóloga
Bibliografía
Categoría:Hidrolases Categoría:Reparación do ADN