Gertrud Käthe Chodziesner, coñecida no mundo literario como Gertrud Kolmar, nada en Berlín o 10 de decembro de 1894 e finada en Auschwitz en marzo de 1943, foi unha narradora e poeta alemá. Era curmá do filósofo Walter Benjamin. Foi detida e deportada pola súa condición de xudía ao campo de concentración de Auschwitz, onde morreu vítima do Holocausto.

Obra Gedichte, Berlín, 1917 Preußische Wappen, Berlín, 1934 Die Frau und die Tiere, Berlín, 1938 Welten, Berlín, 1947 Das lyrische Werk, Heidelberg, 1955 Das lyrische Werk, Múnic, 1960 Eine Mutter, Múnic, 1965 Die Kerze von Arras. Ausgewählte Gedichte. Berlín e Weimar: Aufbau-Verl., 1968 Briefe an die Schwester Hilde, Múnic, 1970 Das Wort der Stummen. Nachgelassene Gedichte, edición e epílogo de Uwe Berger, 1978 Erinnerungen an Gertrud Kolmar, de Hilde Benjamin, Berlin: Buchverl. Der Morgen, 1978 Susanna, Frankfurt am Main, 1993; en 2 CDs, Berlin: Herzrasen Records, 2006 Nacht, Verona, 1994 Briefe, Göttingen, 1997

Véxase tamén Ligazóns externas Los poetas de Auschwitz, artigo de Mercedes Monmany publicado en ABC Cultural o 9 de xuño de 2001.

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Finados en campos de concentración nazis Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Nados en Berlín