A casa de Luxemburgo foi unha familia nobre que reinou durante a Idade Media en varios estados europeos e que estaba vinculada ao Sacro Imperio Romano Xermánico.
Membros Os seus membros máis destacados foron: Henrique V, chamado o Rubio (1216-1281), conde de Arlon, Luxemburgo, Namur e Laroche. Henrique VI (1250-1288), morto na batalla de Worringen. Henrique VII (1275–1313), emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Xoán I (1296–1346), fillo do anterior. Rei de Bohemia. Carlos IV (1316–1378), fillo do anterior. Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Rei de Bohemia. Venceslau IV (1361–1419), fillo do anterior. Rei de Bohemia, Rei de romanos. Sexismundo I (1368–1437), irmán do anterior. Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Rei de Bohemia e de Hungría. Isabel de Luxemburgo (1409–1442), filla do anterior. Emperatriz consorte e raíña de Hungría e Bohemia, esposa de Alberte V de Austria.