Néstor Pardo Torrentera, finado en Vigo en novembro de 1917, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo do brigadier Víctor Pardo Saavedra.El Noroeste, 29-11-1917, p. 2. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor de La Concordia, colaborou en Gaceta de Galicia e foi propietario e director de La Cítara. Foi amigo de Ruiz Zorrilla, a quen acompañou no seu desterro en París. En 1890 era delegado do Comité provincial na directiva do Comitñe Republicano de Vigo.La Voz de Galicia, 21-1-1890, p. 1. Fíxose cargo do periódico El Anunciador en 1892 como líder do sector progresistas do Partido Republicano.La Voz de Galicia, 11-2-1892, p. 2. Foi xuíz municipal de Lavadores (1912).El Correo de Galicia, 9-2-1912, p. 2. Finou en Vigo en novembro de 1917.Diario de Pontevedra, 26-11-1917, p. 2.

Vida persoal Casou con María de la Purificación Saavedra Costas, que finou en Vigo en de 1889.La Voz de Galicia, 27-9-1889, p. 2 Foi pai da tiple María Pardo. Volveu casar en Vigo con Isolina Trapote en decembro de 1890.El Regional, 11-12-1890, p. 3.

Notas

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Políticos de Galicia

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados en ano descoñecido