O CEIP Pedro Caselles Rollán é un centro público de ensino primario do concello de Xove. Consta con instalacións para acoller aproximadamente 180 alumnos e alumnas. O edificio ten tres plantas nas que se reparten as diferentes aulas. Na planta baixa está o comedor, a biblioteca e tamén as aulas de educación infantil. Na segunda planta distribúense as aulas de primaria. Ocupan a terceira planta as aulas das especialidades de música, relixión e inglés. Nesta última planta tamén se atopan o laboratorio, a aula de audiovisuais e a sala de informática.
Pedro Caselles Rollán Categoría:Xove Categoría:Xove sen imaxes