Stanley Herbert Johnson Jr., nado o 29 de maio de 1996 en Anaheim, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Anadolu Efes SK turco.

Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Johnson foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Detroit Pistons. Tras disputar a Liga de Verán cos Pistons, asinou o seu contrato de rookie. O 27 de outubro de 2015, fixo o seu debut cos Pistons, facendo 7 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias na vitoria por 106-94 contra os Atlanta Hawks.

O 7 de febreiro de 2019, Johnson foi traspasado xunto a Jason Smith e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Nikola Mirotić ós Milwaukee Bucks.Bucks land sharpshooter Mirotic from Pelicans

O 11 de xullo de 2019, Johnson asinou cos Toronto Raptors.

O 8 de setembro de 2021, Johnson asinou cos Chicago Bulls. Foi cortado o 16 de outubro de 2021 polos Bulls.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Anaheim Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK